Páxinas

06/05/08

Letras Galegas 2008. Xosé Álvarez Blázquez


O escritor Xosé María Álvarez Blázquez nace una vila pontevedresa de Tui no ano 1915.
Foi mestre en Galicia e Zamora e profesor de instituto en Vigo.
Traballou pola cultura galega, creando varias editoriais, Monterrey e Castrelos, para publicar libro en galego.

Tamén escribiu libros de poesía, contos e outros nos que contaba cousas da historia de Galicia.
Un dos seus libros de poemas máis importantes leva por título “Canle segredo”, adicado á súa Muller María Luísa.
Outras publicacións importantes son "A pega rabilonga" e "Roseira do teu mencer", dedicado á súa filla Colorín, pero tamén escribiu moitos artigos periodísticos, programas radiofónicos, obras de teatro… mesmo chegou a traballar na radio inglesa, contando cousas de Galicia e dos Galegos.
Polo seu labor en defensa da lingua e a cultura galegas, ao longo da súa vida, a Real Academia Galega adícalle o Día das Letas.

Ningún comentario: