Páxinas

22/12/08

¡BO NADAL E FELICES FESTAS!

(pinchade na imaxe para vela máis grande)
Xa rematou este primeiro trimestre do curso, e o fixo cargado de actividades de nadal. Primeiro coa decoración das aulas e do cole, logo as actuacións do festival de nadal e por último a visita das suas Maxestades de Oriente, os Reis Magos. Estas actividades fixeron disfrutar tanto aos pequenos coma aos maiores do cole.
¡BOAS FESTAS E FELIZ 2009 A TODOS!

15/12/08

OS LIBROS MAIS SOLIDARIOS DO ANO


Coma en anos anteriores, todo o alumnado do colexio colaborou coa fundación "Amigos de Galicia" traendo algún xoguete ou roupa para os nenos que non teñen tanta sorte coma eles. A cambio deste agasallo, a biblioteca do concello da Illa repartiu a cada neno un libro. Ao acto acudiron representantes de "Amigos de Galicia", o concelleiro de cultura, Juan Otero; a encargada da biblioteca municipal, Ángela Otero e a Delegada de cultura María Xesús López.
Durante o acto tamén se recolleron os libros que doaron para o colexio o concello de Vilagarcía e a librería "Castelao" da Illa de Arousa.
Se queredes podedes consultar a noticia que saliu publicada na Voz de Galicia facendo click sobre o seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/12/0003_7387995.htm

12/12/08

EXPOSICION DE FOTOS ANTIGAS

Dende hai uns días podedes ver polos corredores da escola unha pequena exposición de fotos antigas da Illa.
Hai fotos que amosan como era o colexio fai moitos anos, como eran os nosos pais cando viñas á escola, a vida na Illa antes da ponte, etc.
Xunto a elas atoparedes un conxunto de ditos, cantigas, refráns de sempre.
Agardamos que vos guste.

09/12/08

EXPOSICIÓN FROITOS DO OUTONO


Os alumn@s de Educación Infantil deste cole fixemos unha exposición de froitos do outono:



  • Froitos secos: abelás, noces, amendoas, castañas, landras...

  • Froitos carnosos: mazás, peras, kaki, parsimón, milgrans, kiwi, mandarina, marmelos,...

Así coma tamén outros produtos que se dan nesta época do ano, como os COGOMELOS, CABAZAS E CHAYOTE, este último coñecido por unha minoría. Dado que non o coñecemos, procedemos a investigación do seu nome porque había discrepancias, dándolles nomes diversas tales como xuxo, pataca do Brasil... Fomos a Internet onde poidemos ver que a denominaba como:



  • chayote

  • Patata del Brasil trepadora

  • Papa del aire

  • Papa del moro

E di que procede de centroamérica.


A curiosidade movíanos a moitos e unha nai que estaba receptiva ao tema, viu no programa de Tele5 (Bricomanía)que falaban deste producto referíndose a el como CHAYOTE.


Podemos dicir das súas características:



  • que ten un sabor parecido ao da pataca

  • na pel ten coma uns pinchos, uns teñen a pel dunha cor verde e outros amarela.

  • dentro ten unha pepita grande

  • a planta que a da é trepadora e a súa folla parecida as das cabazas

Aquí na Illa hai varias casas onde a cultivan.


Esta Exposición rematou cunha degustación destes froitos. Un día probamos os froitos carnosos e outro os secos, hai que dicir que houbo nen@s reacios a probar algún. Isto sírvenos como punto de partida para comezar os ALMORZOS CONTROLADOS no cole, onde cada día teñen que traer un tipo de alimento entre eles o xoves tocanos FROITA. Esperamos que esta actividade previa de degustación nos axude a que se animen a seguir probando algúns sabores novos e fomentemos o gusto pola froita.


05/12/08

OS XIGANTES DE NUNCA ACABAR


Disfrutamos todos moito con esta representación inspirada na obra de Xoan Babarro "Os xigantes de nunca acabar". Disfrutamos e cantamos con eles, e algúns ata formaron parte da obra e subiron ao escenario para actuar de alcaldesa, policía e secretario.

¡Todo un éxito!