Páxinas

25/02/13

ALBORADAS PARA ROSALÍA


Onte, 24 de febreiro, conmemorouse o día de Rosalía de Castro, data conmemorativa do seu 176 aniversario. Nesta data tan especial os gaiteiros de toda Galicia quixeron renderlle homenaxe tocando alboradas co imno galego. Consagrada coma a poetisa galega de todos os tempos, deixamos aquí un fragmento dunha das poesías máis fermosas do libro "Cantares Gallegos", do que tamén festexamos o 150 aniversario, e un enlace para que poidades saber un pouco máis da súa figura.
As de cantar
As de cantar,
meniña gaiteira,
as de cantar,
que morro coa pena


Canta, meniña,
na veira da fonte,
canta, dareiche,
boliños do pote...


Papiñas con leite
tamén che darei,
sopiñas con viño,
torrixas con mel.


Patacas asadas,
con sal e vinagre
que saben a noces,
que ricas que saben!

08/02/13

ENTROIDO

 O entroido chegou con moito colorido e diversión ó Torre Illa. Coma outros anos, ás 11:15 saímos a desfilar polas ruas da Arousa.

Este ano o desfile fixo tres paradas: O Cantiño, Concello e Praza do Regueiro.
Nas paradas todo o alumnado cantou  e bailou as cancións ensaiadas co profe Carlos e os titores.
E de volta no colexio, co cansos e esfameados que estabamos, as filloas, orellas, rosquillas e flores que prepararon as nais e pais sentáronnos de maravilla. 
Que ricas estaban!!!

04/02/13

TAPÓNS PARA CÉSAR

O exalumno do colexio César precisa un andador. Para axudarlle a mercalo o centro está facendo estes días unha campaña de recollida de tapóns de plástico. Lembrade  gardar e traer todos os tapóns de plástico que poidades.
 Entre todos podemos axudarlle! 

01/02/13

ROI CASAL EN RADIO CARCAMÁN


Esta é a entrevista que os nenos e nenas de 6º  curso de Educación Primaria fixeronlle a Roi Casal en Radio Carcamán durante a sua visita ó centro o pasado mes de novembro.