Os alumnos e alumnas de Ed. Infantil fixemos unha "Rosca de Nadal". Estaba boííísima! Queredes vela? E se queredes facela, estes son os ingredientes: 7 ovos, 2 bolsas de levadura (tipo Royal), 3 vasos de azucre, 1Kg. de fariña, 2 tarrinas de mantequilla, unha pizca de sal, un pouco de leite, noces, uvas pasas, raiadura e zume de laranxa. Xa vedes que leva froitos que se recollen no outono (noces e uvas).
E continuamos festexando o Nadal cantando e representando a panxoliña "Se o neno nacera na selva". Vestímonos e pintámonos para a ocasión e tivemos son en directo dos bongos. Mirade que ben estamos:
Xa á volta das vacacións de Nadal e coa recente chegada dos Reis Magos, fixemos na clase o "Roscón de Reis". Buscamos a receita en internet, e como unha soa non chegaba, tivemos que facela doble e sumar as cantidades duas veces. Así que foi preciso pensar un pouco, medir, pesar, sumar, ler, amasar e EXPERIMENTAR. Comémola con chocolate á taza e algúns con nata. Estaba boííííísima! Queredes saber que lle botamos?- Fariña de forza: 650 gr. +650 gr. = 1300 gr.- Leite: 250 ml. + 250 ml. = Medio litro (500 ml.)
- Levadura fresca: 30 gr +30 gr. = 60 gr.
- Azucre: 120gr. + 120 gr. = 240 gr.
- Mantequilla: 1200gr. + 120 gr. = 240 gr.
- Ovos: 3 + 3 = 6
- sal: 10gr. + 10gr. = 20 gr.
- Esencia de anís, raiadura de limón e froitos confitados.
E agora aver si atopades os ingrdientes nesta sopa de letras:
Ningún comentario:
Publicar un comentario