martes, 22 de xuño de 2010

A ILLA DAS DORNAS

Este é o título dun proxecto de traballo que comezamos a desenvolver este curso. O obxectivo principal foi o de achegar ao alumnado a unha realidade cultural, social e lingüística que está desaparecendo e que cada día descoñecen máis, co valor engadido de que é a realidade máis inmediata e cercana, a vivida polos seus pais e avós. Realidade que está a mudar moi axiña, polos cambios en canto á forma de vida e no principal modo de sustento para a maior parte das familias da Illa de Arousa: O mar. Con este ambicioso obxectivo iniciamos este proxecto, orientado hacia o terceiro ciclo da Educación Primaria. No video que podedes ver baixo estas liñas están as actividades máis salientables deste curso . Agradecemos moi especialmente a colaboración da ACD Dorna, sen a cal no se poderían levar a cabo algunhas destas actividades.
video

4 comentarios:

Anónimo dixo...

que o pasedes ben.jajaja

Anónimo dixo...

esta moi wai o video

Noelia dixo...

que guay o video

Anónimo dixo...

a min pareceume moy divertido a illa das dornas e un bo titulo e o video e moy chulo