mércores, 17 de novembro de 2010

MAGOSTO

A choiva deunos un respiro e puidemos festexar o Magosto. Os xogos populares, as castañas asadas e os chourizos fixéronnos disfrutar a pequenos e maiores nesta tradicional xornada. E non faltou a exposición de buxainas decoradas ou peculiares. Se queredes voltar a velos, están na presentación da dereita "Magosto". Sodes uns artistas!!!

3 comentarios:

Javier dixo...

Pasámolo xenial na carreira de sacos e os chourizos boísimos.

Anónimo dixo...

Foi xenial e os bocatas estaban moi bos.

sandra dixo...

que monos son!!!!