O 30 de xaneiro é o Día da Paz e hoxe saímos ó patio para festexalo. O alumnado elaborou unha cadea de pombas da paz, e todos unidos no patio cantamos para lembrar que a paz é importante, e que temos que mantela na convivencia cotiá. Non faltou o Imno da Alegría, que varios nenos e nenas interpretaron cos instrumentos, e un baile que as nenas de 6º prepararon para a ocasión. Os corredores do colexio enchéronse estes días de murais, poesías e mensaxes de paz que fan máis presente aspectos como o significado da paz e os medios para acadala. Algúns deles estan na presentación da dereita "Paz".
3 comentarios:
o dia mellor foi o da pez
Asta eu me vexo hay estou coa miña Profe jaja Beatriz!!!
kn dxou eso no patio k scio sta non?
Publicar un comentario