mércores, 16 de marzo de 2011

TODOS PODEMOS


Este é o título do proxecto co que a biblioteca da Illa achegou aos nenos e nenas do noso cole a realidade do autismo. Primeiro tiveron ocasión de asistir a unha charla no cole, que ofreceron os profesores do Centro de Educación Especial BATA Os Mecos. E onte, sete nenos e nenas do colexio foron á biblioteca municipal da Illa de Arousa, e cada un levaba un conto para ler. Outros seis nenos do centro de BATA trouxeron tamén os seus contos, adaptados con pictogramas, para compartir con todos. A actividade resultou moi enriquecedora para todos os participantes.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

hola

Anónimo dixo...

todos podemos de que?

Administrador dixo...

Todos podemos aprender a ler, a ser autónomos e mellorar día a día pese ás dificultades.

Adriana dixo...

Cando foi leer o da miña clase pois chegou a clase cunha bolsa de chuches e todos hay a disirlle:-quen medera ser ti.

sandra dixo...

todos os nenos de cada clase foron leer a outra clase o ano pasado fora eu este foi Yago.
o que nos veu leer a nos a nosa clase, Eloy pasou de largo pola porta e todos a reirnos jajajajajaja estamos aqui!!!!!!!!!!!!!!! jajajajaja

Anónimo dixo...

que divertidos os comentarios o de sandra sera verdad? eille de preguntar