mércores, 24 de outubro de 2012

CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA

Este curso o noso centro participa no Plan de Consumo de Froitas na Escola. Esta actividade está subvencionada con fondos da Unión Europea e consiste na entrega de froita a todo o alumnado do centro durante duas semanas do curso no horario do recreo. Esta é a primeira semana, coa seguinte froita: Luns mazá tipo "golden", martes pera, mércores plátano, xoves mazá vermella e venres mandarina. Esta actividade ten como finalidade acadar uns hábitos saudables de alimentación na poboación infantil, reducindo a obesidade e as enfermidades asociadas. Para saber máis podedes consultar o seguinte enlace do Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente   
 http://www.alimentacion.es/gl/plan_de_consumo_de_frutas_en_las_escuelas/                                                                 

Ningún comentario: