Páxinas

11/06/22

ALIMÉNTATE BEN 6º ED. PRIMARIA

COÑECENDO OS SECTORES PRODUCTIVOS DO MAR

Durante este curso desenvolveuse un proxecto educativo co obxectivo de achegar ao alumnado de 6º aos diferentes sectores productivos que xiran arredor da pesca na súa contorna máis próxima. Ademais de achegarse ao sector económico co que boa parte da poboación na súa contorna subsiste, e a cadea productiva que orixina a pesca, poidan coñecer máis de preto a historia e cultura do seu pobo.


O MARISQUEO. CREACIÓN DUN VIVEIRO

Comezamos o proxecto coñecendo o traballo das mariscadoras e mariscadores. Desta maneira e da man da Cofradía da Illa de Arousa, puidemos coñecer como se crea un viveiro, os pasos que se dan e coidados que debe ter para que a ameixa poida medrar e posteriormente ser recollida. Foi así creamos o noso propio viveiro na praia que se nos cedeu da Illa de Arousa.


A LONXA

Nesta visita da man das mariscadoras e bateeiros puidemos visitar a lonxa, onde se nos explicaron cales eran as zonas de cultivo de mexillón da Illa de Arousa, ademais de coñecer as diferentes variedades de ameixa que sepoden atopar nesa zona.


A CONSERVEIRA. TRADICIÓN E HISTORIA

A industria conserveira na Illa de Arousa foi no pasado moi importante.

Deste legado, consérvase a antiga Fábrica Goday, convertida agora en museo. Pioneira en Galicia, dou emprego a varias xeracións que puxeron voz a un documental que o alumnado puido visionar.

Ademais fixeron unha visita guiada pola antiga conseveira coñecendo os pasos que seguen os diferentes produtos unha vez son recibidos, como o transporte, limpeza, cocción, enlatado, peche e etiquetado.

No seguinte enlace poderedes ver todo isto

PREME AQUÍ


PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN




Ningún comentario: