Páxinas

16/03/14

O ENTROIDO 2014 NO C.E.I.P. TORRE ILLA

Este curso, o tema para o Entroido foi as danzas do mundo. Fixemos un percorrido pola Illa ata a Praza do Regueiro, e alí, os diferentes cursos foron interpretando a súa danza. Aquí vos deixo as fotos:


Antes da saída


 Os alumnos de infantil, disfrazados de chinos


Os alumnos de 1º, disfrazados de mexicanos


Os alumnos de 2º, disfrazados de zulús


Os alumnos de 3º, disfrazados de gregos


Os alumnos de 4º, disfrazados de ciganos


Os alumnos de 5º


Os alumnos de 6º, disfrazados de norteamericanos


Ao chegar ao colexio tomamos as orellas, as filloas, rosquillas e todas as lambetadas do Entroido:






No C.E.I.P. Torre Illa, dende que empezou o curso, traballouse en infantil cos obradoiros de cociña.


 Estos son algúns dos traballos que realizaron:

Pantasmas e cabazas con froitas








Tarta de castañas 











Pan de noces e uvas pasas










 Roscón de reis




08/01/14

Na semana do 9 ó 16 de decembro, traballamos o Nadal no colexio. Ao longo dos corredores e aulas os diferentes cursos foron realizando murais, exposicións, etc...

A semana do 20 celebráronse festivais con cantigas, teatro e panxoliñas, e o derradeiro día antes das vacacións a Asociación de Nais e Pais deleitáronnos cunha espléndida chocolatada.



















22/11/13

MAGOSTO NO COLEXIO

O martes 12 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Primeiro cantamos unhas cantareas co profe Carlos (A saia da Carolina, Apagha o candil, etc...), e despois comemos castañas e bocatas de chourizo, todo preparado coa brasa.





02/11/13

SAMAÍN 2013

Na semana do 28 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio con diferentes exposicións polos corredores, e contando coa participación dos pais, un concurso de cabazas. Aquí vos deixo algunhas fotos dos murais e das exposicións das cabazas.

20/05/13

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas saímos ó patio para celebralo. Os profes organizaron un montón de xogos tradicionais para pasalo ben.

E mesmo animáronse a participar. Mirade que xeito ten o profe Carlos.

Os xogos puxeron a probas as habiblidades de todos e nalgún costaba manter o equilibrio.

O certo e que quedamos todos moi cansos e agradecemos sentarnos á sombra.


Outra actividade coa que festexamos o Día das Letras Galegas foi esta árbore con verbas, e poesías nas follas, que fixo todo o alumnado do cole. Algunhas verbas foron extraídas dos escritos de Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado este ano polas Letras Galegas
A que quedou moi ben?

15/05/13

APÍPOLIS

Os nenos e nenas de primeiro foron á granxa Apípolis para aprender moitas cousas novas das abellas e a relación tan importante que teñen coas persoas.
Mirade que ben equipados van para evitar que se lle acheguen as abellas e visitar o apiario. 
 Tiveron a oportunidade de observar as maquetas nas que se reproduce a vida das abellas, e coñecer as magníficas instalacións, con 10000 metros cuadrados de zonas verdes.
TODA UNHA EXPERIENCIA!



03/05/13

SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

 Os nenos e nenas de tres anos participaron na campaña "Sen profes non hai escola" da "Semana Mundial pola Educación". Así coñeceron a importancia de ir á escola e de que esta teña todo o necesario para aprender.
 Esta campaña trata de sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado, remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.


 Logo de reflexionar sobre o que precisamos para ter unha escola , escribiron na silueta da súa mestra as cualidades da súa escola e da mestra.