Páxinas

25/02/13

ALBORADAS PARA ROSALÍA


Onte, 24 de febreiro, conmemorouse o día de Rosalía de Castro, data conmemorativa do seu 176 aniversario. Nesta data tan especial os gaiteiros de toda Galicia quixeron renderlle homenaxe tocando alboradas co imno galego. Consagrada coma a poetisa galega de todos os tempos, deixamos aquí un fragmento dunha das poesías máis fermosas do libro "Cantares Gallegos", do que tamén festexamos o 150 aniversario, e un enlace para que poidades saber un pouco máis da súa figura.
As de cantar
As de cantar,
meniña gaiteira,
as de cantar,
que morro coa pena


Canta, meniña,
na veira da fonte,
canta, dareiche,
boliños do pote...


Papiñas con leite
tamén che darei,
sopiñas con viño,
torrixas con mel.


Patacas asadas,
con sal e vinagre
que saben a noces,
que ricas que saben!

08/02/13

ENTROIDO

 O entroido chegou con moito colorido e diversión ó Torre Illa. Coma outros anos, ás 11:15 saímos a desfilar polas ruas da Arousa.

Este ano o desfile fixo tres paradas: O Cantiño, Concello e Praza do Regueiro.
Nas paradas todo o alumnado cantou  e bailou as cancións ensaiadas co profe Carlos e os titores.
E de volta no colexio, co cansos e esfameados que estabamos, as filloas, orellas, rosquillas e flores que prepararon as nais e pais sentáronnos de maravilla. 
Que ricas estaban!!!

04/02/13

TAPÓNS PARA CÉSAR

O exalumno do colexio César precisa un andador. Para axudarlle a mercalo o centro está facendo estes días unha campaña de recollida de tapóns de plástico. Lembrade  gardar e traer todos os tapóns de plástico que poidades.
 Entre todos podemos axudarlle! 

01/02/13

ROI CASAL EN RADIO CARCAMÁN


Esta é a entrevista que os nenos e nenas de 6º  curso de Educación Primaria fixeronlle a Roi Casal en Radio Carcamán durante a sua visita ó centro o pasado mes de novembro.

30/01/13

A PAZ É O CAMIÑO

 "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"; "Se queres ter paz comeza xa". Estes son algunhas das frases que o alumnado do colexio plasmou nos murais que conmemoran hoxe o "Día da Paz", e que elaboraron coa profe Laura  e cos seus titores para decorar os corredores do colexio. 
En Educación Infantil fixeron unha morea de pombas da paz, e tamén colgantes moi coloridos co símbolo da paz. Mirade que ledos e orgullosos están cos seus traballos.

 Nas aulas de primeiro curso traballaron arreo para rematar as pombas. O certo e que quedaron moi bonitas, e xa penduran do teito no seu corredor.


Os nenos e nenas do segundo ciclo de Educación Primaria cantaron para todo o cole a canción "Que canten os nenos"



28/01/13

UXÍA SENLLE

 Os nenos e nenas do cole están de sorte. Despois da visita de Roi Casal o concello trouxonos a Uxía Senlle, que  pasou polo cole para compartir con todo o alumnado algunhas cancións do seu último disco, e tamén outras moi coñecidas.

E por si fora pouco, Uxía deixou dous agasallos para a biblioteca do colexio. O libro "María Fumaça" e outro libro con Poemas inéditos de Manuel María. Os dou libros teñen un CD con cancións de Uxía.


22/12/12

BO NADAL!


O nadal chegou ó cole cargado de maxia, ilusión e moitas sorpresas.


 Os  Reis Magos viñeron escoitar panxoliñas, recolleron as cartas e deixaron algúns doces.
As representacións e as actuación do festival estiveron marcadas este ano pola catástrofe do Prestige, xa que este ano cúmprese o décimo aniversario da traxedia. A crise económica tamén se deixou notar no portal de Belén.
O chocolate con churros que prepararon os pais e as nais estaba boísimo. Mirade como dan boa conta del os máis pequenos.


 O cole quedou moi fermoso cos corredores decorados con motivos navideños feitos polo alumnado e profesorado


Bo Nadal!

14/12/12

RECITANDO CELSO EMILIO

O pasado día 12 do 12 do 2012 cumpriuse o centenario do  nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. E por iso nas aulas recitáronse estes días algúns dos seus poemas: "Deitado frente ao mar", "Longa noite de pedra" ou "Inverno" foron algúns deles . Aquí tendes un fragmento de "Inverno":
Chove, chove nacasa do probe
e no meu corazón tamén chove
Dor da mau encallecida
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños...
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.

30/11/12

TARTA DE CASTAÑA



 Xa que estamos na época das castañas, os cociñeiros de Infantil  seguimos  practicando a repostería. Agora  tocou  TARTA DE CASTAÑASAdemais de aprender moitas cousas relacionadas cos distintos ingredientes, por exemplo como se chama a árbore que da as castañas, como é a folla, de que orixen son os distintos ingredientes,  etc… Traballamos a lectoescritura, escribindo e lendo  os ingredientes nos envases, na pizarra e no papel, pesamos, sumamos, restamos coas cantidades, E QUÉ CANTIDADES! 600, 3OO, son uns números moi grandes!
 Dun xeito lúdico e de forma  manipulativa aprendemos e pasámolo  pipa .
- Migamos  as  galletas mezclámolas coa margarina e fixemos a base no molde.

- a mestra coceu  as castañas e quitámoslle a tona máis  delgadiña
- engadimos  todos os ingredientes; lendo a lista máis os envases e contando, sumando e pesando.
- a profe misturou todo coa batidora
- botámola no molde sobre a base de galleta
-despois de cocela,   este é o resultado,  VOILA!

A  que nos quedou moi bonita?, bueno porque a decoramos   con castañas e crema de castañas, servíndonos  dunha "manga" pastelera.
Estaba  moi  rica, nos comemos un cachiño e como nos gusta compartir levámoslles un anaquiño ás  nosas familias.
Se queredes  facela,  tendes que  buscar os ingredientes nesta sopa de letras, nos xa a fixemos, é moi fácil.
QUE VOS  APROVEITE LARPEIROS!


26/11/12

ROI CASAL NO COLE

 Esta semana tivemos unha visita moi especial. O concello trouxo a Roi Casal e Silvia Ferre, que viñeron cargados con todo o necesario para tocar e cantar algunhas pezas moi fermosas, unha delas con versos de Rosalía de Castro. Tamén aprendimos algunhas características dos instrumentos que tocou, e contounos curiosidades. Agora sabemos que a semellanza entre o arco e a arpa non é casual, e nela pode estar a orixe deste instrumento. Foi un pequeno concerto de moito proveito, e a música e a voz de Roi e Silvia engaiolaron a todos. Mirade que atentos están os pequechos!

20/11/12

XELATINA DE UVA

Ós nenos e nenas de Educación Infantil gústalles aprender experimentando coa repostería. Hoxe tocou Xelatina de uva. Primeiro sacamos as uvas do racimo. Mirade que concentrados están Jorge e Alexandre.

A continuación botamos man da licuadora e fixemos o zume. Que algarabía!
 Tais trouxo unhas uvas tintas da súa casa que deixaban a lingua morada e que facían moi bo mosto.
Mentres esperabamos a que cuaxara a xelatina recortamos unha fermosa blonda para a presentalas nas bandexas.
 Houbo que darlle forma á xelatina cuns moldes especiais e este foi o resultado.
 Quedaron moi bonitas, pero a próxima vez botaremoslle máis azucre, xa que quedaron un pouco insípidas. Aínda que a Borja parece que lle prestou. Un bo traballo!