sábado, 2 de abril de 2011

A COCIÑA DA INCLUSIÓN EN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil elaborou onte unhas divertidas torradas con paté e queixo, e daba gusto velas e comelas. A actividade formou parte da conmemoración do Día Mundial para a Concienciación do Autismo. A receita atopáronna as nenas e nenos de Infantil nun dos libros con pictogramas que teñen na aula, e decidiron poñerse mans á obra. Todos saben da importancia dos pictogramas para as persoas con autismo, xa que lles axuda a entender mellor as cousas que acontecen ou deben realizar. Logo de seguir as explicacións e visualizar os pasos coa axuda dos pictogramas cociñaron as súas torradas. Estaban deliciosas!!!

9 comentarios:

Anónimo dixo...

que aprenden aqui?

pa min que nada

Anónimo dixo...

Aprenden a ler os pictogramas, a cociñar, a comer san e divertido e a utilizar un sistema de comunicación que mellora a vida das personas con dificultades na comunicación e na linguaxe. Aprenden a aceptar e axudar ós demais como son, algo que todos precisamos. Parécevos pouco?

Anónimo dixo...

Pues a mi no, ademas seguro que lo pasaron geniaaaaal!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! :D:D:D

Anónimo dixo...

Para ellos seguro que fue algo divertidisimo y muy nuevo!!!!!!!!!!!!!! :) :)

Ruben dixo...

gustoume moito facer os canapes, estaban riquisimos e pasamolo pipa.

Anónimo dixo...

a min gustoume bastante, pero o que non me gustou e perderme o recreo :(

Ainhoa dixo...

jajajaja k gracioso

mar dixo...

gracias pola iniciativa e pola colaboracion de todos en comprender e aceptar as persoas que son diferentes si algunha vez todos nos puxeramos no lugar de outros entenderiamos moitas cousas e este mundo seria un chisquiño mellor.....

sheila dixo...

mmmm debian de estar riquisimas