O 31 de outubro festexamos o samaín. Os celtas celebraban co Samaín o
paso do ano e era costume
deixar o lume aceso nesta noite e nunca limpar a lareira
para non afastar as ánimas. Afírmase que polo samaín era costume
baleirar cabazas de gran tamaño para pórlles dentro candeas. Os días 29, 30 e 31 de outubro
podedes traer a vosa cabaza de Samaín para expoñela nos corredores do centro.
Lembrade identificalas co voso nome e o voso curso. O último día da exposición
e o 31 de outubro. Ese día haberá que recollela antes de marchar. As cabazas
que non se recollan ese día irán ó lixo, xa que o centro permanecerá pechado
ata o 5 de novembro e as cabazas estragaríanse igualmente.
26/10/12
24/10/12
CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA
Este curso o noso centro participa no Plan de Consumo de Froitas na Escola. Esta actividade está subvencionada con fondos da Unión Europea e consiste na entrega de froita a todo o alumnado do centro durante duas semanas do curso no horario do recreo. Esta é a primeira semana, coa seguinte froita: Luns mazá tipo "golden", martes pera, mércores plátano, xoves mazá vermella e venres mandarina. Esta actividade ten como finalidade acadar uns hábitos saudables de alimentación na poboación infantil, reducindo a obesidade e as enfermidades asociadas. Para saber máis podedes consultar o seguinte enlace do Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente
19/10/12
A VISITA DUN CAMPIÓN MUNDIAL
Esta semana veu polo colexio o ex alumno Ramón Ferro, recente campión mundial de piragüismo na clase C 2. Primeiro visitou as aulas dos maiores e atendeu ás súas preguntas. Logo, nun pequeno acto celebrado durante o recreo, recibíu unha forte ovación por parte de todo o alumnado e recolleu un agasallo. O ten ben merecido, xa que compaxinar o seu traballo co deporte e lograr ser o mellor do mundo é admirable. Noraboa campión!
07/10/12
O ZOO MUSICAL
A escola de música da Illa de Arousa presentou no cole o seu zoo particular. Os animais, que eran os instrumentos dos profes da escola, foron soando individualmente para rematar tocando todos xuntos fermosas melodías e cancións moi coñecidas por todos. Así presentaron ó león (a guitarra), á cebra (o teclado), o canguro (o saxofón)... Con todos eles aprendimos moitas cousas e pasamolo ben. Bravo maestros!
18/09/12
UNHA ESCOLA PARA TODOS
As dependencias do colexio están moito mellor sinalizadas gracias ós pictogramas que o Concello instalou estes días polo cole, coa colaboración da asociación "Por Dereito" e do Centro. De agora en diante a organización dos espazos será máis comprensible para as persoas con autismo ou dificultades na comunicación. A que quedaron moi ben?
29/06/11
FESTA FIN DE CURSO 2010-2011
Chegamos ó remate do curso, e logo de todo o ano de traballo e dos exames, todos tiñamos ganas de festa. Sabíano ben na ANPA, xa que organizaron unha merenda para todos, con refrescos e bocatas de chourizos asados e tortilla. Tamén trouxeron ó paiaso Popín, co que disfrutamos pequenos e maiores. Bromas, trucos de maxia e música encheron o patio de alegría e bo humor.
Tampouco faltaron as emocións na despedida ó alumnado de sexto, que marcha para o instituto. Todos recolleron orgullosos os seus diplomas e despedíronse con agarimo do colexio e dos mestres.
Outros que marchan, aínda que non moi lonxe, son os nenos e nenas de 5 anos. Deixan Educación Infantil e pasan ó "cole dos maiores". Eles tamén recolleron os seus diplomas moi contentos.
Boas vacacións e ata pronto!!!!!
27/06/11
FESTIVAIS E EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO
Achegándose ó remate do curso aumentaron as actividades no cole: festivais, exhibicións de pintura, kenpo e ximnasia ritmica foron algunhas das actividades que tivemos neses días previos ás vacacións.
Os festivais foron todo un éxito. Cantamos, bailamos e tocamos cancións cos instrumentos musicais. Tamén houbo trucos de maxia gracias ós magos e magas de primeiro. Logo chegaron as despedidas do alumnado de sexto, que marcha para o instituto o ano que ven. O certo e que foron moi simpáticas e emotivas. Botarémolos de menos o vindeiro curso.
As exhibicións de ximnasia rítmica, baloncesto, kenpo e pintura deron conta do esforzo de todo un curso de traballo. Todos quedamos pasmados coas manualidades e debuxos de pintura, coas destrezas que amosaron os nenos e nenas de kenpo, e divertímonos vendo as competicións que organizaron en baloncesto.
Tamén demostraron o seu talento as nenas de ximnasia rítmica, coas súas espectaculares actuacións. Sempre quedamos abraiados e emocionados coa intensidade coa que viven este deporte e a precisión coa que realizan cada exercicio.
23/06/11
GRANXA O KIRIKO
As nenas e nenos de 1ºe 2º marchamos de excursión o 6 de xuño rumbo a granxa o Kiriko.
Alí participamos no obradoiro da elaboración da la.
O primeiro que tivemos que facer foi coñecer os diferentes tipos de ovellas.
Elas non se deixaban coller e tivemos que andar tras delas.
Corre que te corre. Monte arriba e...
monte abaixo.
Despois participamos no proceso de lavado da la. Foi un pouco desagradable porque a lá das ovellas estaba un pouco porca e cheiraba.
Frotamos co xabón "El lagarto" unha e outra vez e conseguimos que quedara así de branca
Xa a tiñamos lista para os seguintes pasos que se desenrolaron no interior da granxa cos monitores.
Pero tamén tivemos tempo para moitas cousas máis:
Vimos as vacas!!
O cabalo que veu do Exército a descansar á granxa.
Tamén un cabalo de carga.
O burro
e moitos animais máis: porcos, pavos, galiñas, kikos...
Pero tamén tivemos tempo para comer porque despois de un día tan longo tiñamos moiiita fame. Aquí estamos no comedor todos sentadiños e comendo as nosas tortillas, filetes empanados, ensaladillas e bocatas.
Deixáronnos tamén un tempiño libre, merecíamolo!!!
Pasámolo moi ben!!!
Ata a do vinderio ano!!
Alí participamos no obradoiro da elaboración da la.
O primeiro que tivemos que facer foi coñecer os diferentes tipos de ovellas.
Elas non se deixaban coller e tivemos que andar tras delas.
Corre que te corre. Monte arriba e...
monte abaixo.
Despois participamos no proceso de lavado da la. Foi un pouco desagradable porque a lá das ovellas estaba un pouco porca e cheiraba.
Frotamos co xabón "El lagarto" unha e outra vez e conseguimos que quedara así de branca
Xa a tiñamos lista para os seguintes pasos que se desenrolaron no interior da granxa cos monitores.
Pero tamén tivemos tempo para moitas cousas máis:
Vimos as vacas!!
O cabalo que veu do Exército a descansar á granxa.
Tamén un cabalo de carga.
e moitos animais máis: porcos, pavos, galiñas, kikos...
Pero tamén tivemos tempo para comer porque despois de un día tan longo tiñamos moiiita fame. Aquí estamos no comedor todos sentadiños e comendo as nosas tortillas, filetes empanados, ensaladillas e bocatas.
Deixáronnos tamén un tempiño libre, merecíamolo!!!
Pasámolo moi ben!!!
Ata a do vinderio ano!!
A ILLA DAS DORNAS
O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de vivir a experiencia da navegación nunha das embarcacións tradicionais da Escola de Navegación da A.C.D. Dorna. As embarcacións foron unha lancha xeiteira e unha buceta, e os patróns fixeron tamén de mestres por un día ensinando moitas cousas ós nenos e ás nenas. Non só de navegación, tamén de como era a vida dos mariñeiros que traballaban nestas embarcacións. Todos o pasaron moi ben, e ata lles deixaron levar a cana do timón. Xa vedes que ben a manexan!
21/06/11
DESPEDIDA EN INFANTIL
Os nenos e nenas de 5 anos rematan en Educación Infantil. Moitas cousas cambiarán o vindeiro curso. Marchan con moita ilusión, porque xa son "maiores", pero seguro que botarán de menos ás súas mestras e ós seus compañeiros. Eles tamén os botarán en falta, sobre todo á hora do patio e outras actividades. Por iso animáronse facendo esta fabulosa festa de despedida para os nenos e nenas que van para o primeiro curso de Educación Primaria. E non hai festa que se preze sen unha boa merenda. Así que puxéronse a cociñar canapés e tarta. Mirade que boa pinta ten todo. Estaba boísimo!
17/06/11
LECTURA, XOGOS E DIVERSIÓN
Aproveitando os días de bo tempo, as nenas e os nenos de 4º B cambiaron as aulas do cole polo maravilloso entorno de Cabodeiro. Levaron algúns dos libros da súa "biblioteca de aula" para gozar da experiencia da lectura escoitando de fondo o son do mar e o ruxir dos pinos. A lectura deu paso aos xogos, e como vedes parece que o pasaron xenial. Unha merendola servíu para repoñer forzas antes de regresar ao cole para seguir coas súas tarefas, eso sí, co ánimo renovado. Un día estupendo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







