Páxinas

03/02/10

DÍA DA PAZ


O 31 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Os murais e as poesías que fixeron estes días as alumnas e alumnos decoran os nosos corredores para que lembremos a importancia deste valor, fundamental na convivencia.

22/01/10

UN NADAL MOI DOCE

Os alumnos e alumnas de Ed. Infantil fixemos unha "Rosca de Nadal". Estaba boííísima! Queredes vela? E se queredes facela, estes son os ingredientes: 7 ovos, 2 bolsas de levadura (tipo Royal), 3 vasos de azucre, 1Kg. de fariña, 2 tarrinas de mantequilla, unha pizca de sal, un pouco de leite, noces, uvas pasas, raiadura e zume de laranxa. Xa vedes que leva froitos que se recollen no outono (noces e uvas).
E continuamos festexando o Nadal cantando e representando a panxoliña "Se o neno nacera na selva". Vestímonos e pintámonos para a ocasión e tivemos son en directo dos bongos. Mirade que ben estamos:
Xa á volta das vacacións de Nadal e coa recente chegada dos Reis Magos, fixemos na clase o "Roscón de Reis". Buscamos a receita en internet, e como unha soa non chegaba, tivemos que facela doble e sumar as cantidades duas veces. Así que foi preciso pensar un pouco, medir, pesar, sumar, ler, amasar e EXPERIMENTAR. Comémola con chocolate á taza e algúns con nata. Estaba boííííísima! Queredes saber que lle botamos?- Fariña de forza: 650 gr. +650 gr. = 1300 gr.
- Leite: 250 ml. + 250 ml. = Medio litro (500 ml.)
- Levadura fresca: 30 gr +30 gr. = 60 gr.
- Azucre: 120gr. + 120 gr. = 240 gr.
- Mantequilla: 1200gr. + 120 gr. = 240 gr.
- Ovos: 3 + 3 = 6
- sal: 10gr. + 10gr. = 20 gr.
- Esencia de anís, raiadura de limón e froitos confitados.
E agora aver si atopades os ingrdientes nesta sopa de letras:


12/01/10

ESTRAGOS NO COLEXIO

Nas pasadas vacacións de nadal o colexio foi obxecto de actos vandálicos e destrozos que afectaron a unha aula e ao pabellón de deporte. Esta non é a primeira vez que sucede, xa que recentemente tamén sufrimos un roubo e pintadas nas instalacións. Agardamos que non se volvan a repetir estes tristes episodios, e pregamos a todos colaboración para detectar e erradicar estes comportamentos.

Preme na seguinte dirección para ver a noticia da TVG: http://www.agalega.info/videos/?emi=9285&corte=2010-01-05&hora=20:11:25&canle=tvg1

24/12/09

BO NADAL!

Xa chegou o nadal e no cole o vivimos con moita ilusión. Actividades coma a decoración das aulas e corredores, o mural "O nadal no Torre-Illa", a representación do festival e a visita dos Reis Magos vivironse con moita ilusión polo alumnado e os mestres. BO NADAL E FELICES FESTAS!
Gracias a todas as familas que colaboraron na elaboración de campás e bolas de Nadal en Educación Infantil e no primeiro ciclo de Educación Primaria!

15/12/09

AS NAIS E PAIS PINTAN INFANTIL

As aulas de Educación Infantil teñen máis alegría, se cabe, que de costume. E todo gracias as nais e pais que viñeron para pintar e decorar cos seus fantásticos debuxos o chan, as paredes da entrada e os pasillos de Infantil. Moitísimas gracias a todas!

24/11/09

A QUE SABE A LUA ?

Na semana do magosto veu Lucía, dende o concello da Illa, a facernos unha visita aos nenos e nenas de Educación Infantil. Estivemos a pensar a que podía saber a lua, e a todos nos parecía que podía saber ao que máis nos gustaba. Logo de escoitar e participar no conto "a que sabe a lua?", Lucía invitounos a un anaco de lua, ou de tarta de castañas con pinta de lua chea. Estaba boííísima!

13/11/09

MAGOSTO

Chegou o Outono e con él o magosto do cole. Disfrutamos moito con xogos tradicionais coma as buxainas, a chave, a ra, o pano, o peletre... E as castañas e os bocatas estaban boísimos!!! Neste video tendes algunhas imaxes da celebración e da exposición de peóns decorados.
Música: Ourensóns.

05/11/09

FAUNA GALEGA NA ILLA DE AROUSA

O alumnado de 6ºA foron os primeiros en visitar a mostra sobre a fauna de Galicia que se atopa no Auditorio do concello da Illa de Arousa.
Outros compañeiros e compañeiras faran o mesmo nos vindeiros días.
Todo aquel que queira visitar esta mostra o pode facer de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Se queres consultar a noticia que saiu en "LA VOZ DE GALICIA" pincha no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/11/05/0003_8084489.htm


23/10/09

SAMAÍN


O 31 de Outubro pola noite celébrase a festa do Samaín. Durante esta semana. do 26 ao 28, podedes traer ao cole as vosas cabazas para facer unha exposición. Se queredes practicar antes de darlle forma á vosa cabaza, podedes pinchar na seguinte dirección e facer a vosa "cabaza virtual":
Despois de recortala pinchade en "DONE" para que se encenda. Pero se o que vos gusta é a cociña podedes ver receitas a base de cabaza pinchando na seguinte dirección:

21/10/09

"COMO MOLA SER MONICREQUE"

Hoxe veu ao cole o grupo de teatro "Matapiollos" a representar "A REBELIÓN DOS MONICREQUES".
Esta obra forma parte do programa de Normalización Lingüística "BOCABERTA" e representouse coa colaboración do concello da Illa e da editorial Galaxia.Todos disfrutamos moito cos monicreques Anteollos e Trapos, que conviven con persoaxes de carne e oso e queren compartir aventuras e pasalo moi ben. Sonche cousas de monicreques!!!
Podes consultar a noticia no xornal "La Voz de Galicia", na seguinte dirección:

19/10/09

OS LIBROS VOLVEN A VIAXAR

Os libros volven a viaxar este curso. As mochilas e as carpetas viaxeiras están desexando chegar as vosas casas. Levan dentro novas aventuras, imaxinación, fantasía e moita diversión. Salen xa da biblioteca con moitas ganas de chegar as vosas casas. Esperamos que disfrutedes moito e... ¡Boa viaxe!

Aquí tendes algunhas recomendacións e debuxos que viñeron nas carpetas viaxeiras do curso pasado.

08/09/09

COMEZO DO CURSO 2009-2010

Benvidos!!! Xa remataron as vacacións e este ano iniciamos o curso académico cunhas xornadas de portas abertas:
  • 10 de setembro: de 11:00 a 12:30 para Ed. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.
  • 11 de setembro: de 11:00 a 12:30 para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

25/06/09

XUBILACIÓN DO DIRECTOR

Este ano o final de curso estivo marcado pola despedida do noso director. Alfonso Salgado foi director durante boa parte dos case trinta anos que pasou no Torre-Illa. A emotiva despedida do alumnado e a A.N.P.A durante a festa de fin de curso, e a homenaxe que un centenar de compañeiros lle brindaron estes días demostra o afecto e o cariño do que Alfonso se fixo merecedor ao longo deste tempo. De seguro que o vindeiro curso o botaremos en falta.
Ata sempre e Gracias Alfonso!

24/06/09

FIN DE CURSO 2008-2009

As actividades do centro multiplicáronse neste final de curso, e moitas delas leváronse a cabo gracias á colaboración e iniciativa dos membros da A.N.P.A, tan participativos e traballadores coma sempre. A última foi a festa de fin de curso.Os xogos e os talleres de globoflexia e maquillaxe deron paso a unha rica merenda de chourizos asados, tortilla e refrescos que pequenos e maiores disfrutamos.Tamén se viviron momentos moi emotivos na entrega do agasallo que a A.N.P.A. lle tiña preparado ao director pola súa xubilación.Este ano tamén se levou a cabo a actividade de Educación Vial, e gustou moito, xa que os maiores do cole cambiaron as bicis polos "karts" para poñer en práctica o aprendido na teoría.
As representacións e os bailes de fin de curso foron todo un éxito. As obras de teatro dos nenos e nenas de Educación Infantil e 4º de Primaria gustaron moito e os maiores do cole animaron o festival con bailes e cancións que prepararon con moito esmero.

13/06/09

ENTREVISTA AO DIRECTOR DO TORRE-ILLA EN "LA VOZ DE GALICIA"

O sábado 13 de xuño, o diario "La voz de Galicia" publica unha ampla entrevista con Alfonso na sección de "Arousanos en su rincón". Nela bota a vista atrás para lembrar os seus comezos no mundo do ensino e reflexiona sobre algúns aspectos relacionados coa situación educativa actual. Tamén ten palabras de agarimo para a Illa de Arousa, na que traballou case 30 anos, 18 deles como director. Para ver a entrevista completa pinchade no seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/06/13/0003_7781685.htm

28/05/09

VISITAMOS O MUSEO DA CONSERVA DA ILLA

Esta semana todo o alumnado do centro visitou o museo da conserva. Foi unha visita moi especial e nos axudou a coñecer mellor a vinculación do noso pobo coa industria conserveira. Descubrimos que aló polo 1879, Juan Goday Gual instalou a primeira fábrica de conservas moderna de toda Galicia, aplicando un novedoso sistema de conservación dos alimentos que se descubriu en Francia. Tivemos oportunidade de ver como cambiaron as artes de pesca, como era a cadea de producción naquela época, ver algunha das máquinas que bombeaban aceite ou sellaban as latas, as chimeneas orixinais e tamén de coñecer mellor toda a industria conserveira galega, da que se pode decir que é pioneira a Illa de Arousa. A fábrica foi tan novedosa que nunha visita que lle fixo o rei Alfonso XII no ano 1881 quedou moi impresionado pola modernidade das instalacións e a calidade dos alimentos, e ao ano seguinte a nombrou "proveedor de la Casa Real".

Se queredes saber mais cousas visitade estas direccións:
http://www.isladearosa.com/museo_da_conserva.es.htm
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2136

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O luns 25 de maio visitaronnos, como cada ano, os contacontos da editorial "Kalandraka". Este ano os contacontos chamábanse Ana e Luis. A luis xa o coñecíamos de outros cursos. Contáronnos catro contos: 1º)"Cerca", 2º)"Garvanciño, 3º) "Amelia quere un can" e 4º) "Paxariña de papel".
Ana foi a que nos contaba os contos e Luis axudáballe con instrumentos, facendo os efectos sonoros. Algúns eran moi peculiares como por exemplo un "pao de choiva" e un "asubío" que imitaba o canto dos paxaros. Outros acompañamentos os fixo co acordeón, e como Ana estaba un pouquiño mal da gorxa tamén lle axudou a contar e cantar. Tamén nos ensinaron unha canción da "Paxariña de papel".

27/05/09

A BRUXA DO OESTE

Coma en anos anteriores, no cole organizamos a saída ata o "I.E.S. Asorey" de Cambados para ver a representación do "TEATRO CARACOL". Este ano representaron a obra "A bruxa do Oeste". Coma sempre, disfrutamos moito coas cancións e coa posta en escea tan espectacular deste fabuloso grupo de teatro. Se queredes ver como foron os ensaios e as probas de vestiario e escoitar unha das cancións da obra pinchade neste enlace:

26/05/09

AUDITORIO DE VILAGARCÍA

O día 1 de abril os alumnos de educación infantil fomos o Auditorio de Vilagarcía para disfrutar dunha actividade que levaba por título "ESCENAS MUSICAIS".
Fixéronnos unha presentación dos instrumentos, onde aprendemos a diferencialos non so visualmente, senón tamén polo seu sonido, combinando a posta en escea coa música.
Regaláronnos un libriño a cada un onde aparecían os instrumentos que coñecemos e que recordamos con eles. Ao chegar ao cole fixemos unha maqueta dunha orquesta.
Música maestro!!!!!

05/05/09

A VISITA DE ANXO FARIÑA

Hoxe estivo no cole o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Trouxo toda a maxia dos debuxos no seu rotulador e mostrounos como podiamos transformar a realidade gracias ao poder da imaxinación.

Durante a visita retratou a Brais (de 2º A) coma un dragón e a Andrea (de 1º A)coma se fora unha serea.
Contounos moitas cousas dos seus libros ( Os megatoxos, a pousada encantada...) e o pasamos moi ben.