23/05/08
COMUNIÓN
Parabens a todos os nenos e nenas que esta fin de semana facedes a comunión. Este domingo a maioría dos alumnos e alumnas de terceiro do ceip Torre Illa terán esta celebración. Hoxe xa estaban moi nerviosos e tamén moi ledos por este acontecemento. Os seus profesores Lola, Elena, Ángel e Ana esperan que sexa un día moi especial para todos vos. Unha aperta.
Palabras en galego
Podedes buscar as palabras que descoñezades do galego se ides ao seguinte enlace.http://www.digalego.com/
20/05/08
TRABALLA AS TÚAS MATERIAS
Se queres unha forma divertida de aprender coñecemento, as matemáticas, as linguas,.... preme neste enlace e asegurovos que o faredes.
http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/primaria.htm
http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/primaria.htm
Xogos
Ola, nenos e nenas do Ceip Torre Illa, se pulsades nesta dirección poderedes acceder a algúns xogos educativos e de paso practicar a nosa lingua. Un saúdo!!http://www.edu.xunta.es/xogos/
16/05/08
O TENDAL DAS PALABRAS
Hoxe a clase de 3A foron colgar as súas palabras no tendal do patio. Todo o colexio elexiron as palabras mais fermosas do galego. Na nosa clase eleximos golfiño, arco da vella, bolboreta, dozura,... pero tamén poidemos ler outras moitas palabras. Aquí estamos Lourdes, Paula e Javier coas nosas camisetas. Despois pásamolo moi ben no patio xogando a algúns xogos populares. A nosa clase xogou a ra cos outros terceiros.
07/05/08
Xosé María Alvárez Blázquez
Se pinchades aquí poderedes atopar máis información de Xosé María Alvarez Blázquez
http://17demaio.org/.
Un saúdo a mestres e rapaces, e anímovos a que poñades as vosas opinións.
http://17demaio.org/.
Un saúdo a mestres e rapaces, e anímovos a que poñades as vosas opinións.
06/05/08
Poesía de Xosé María Álvarez Blazquez
Letras Galegas 2008. Xosé Álvarez Blázquez

O escritor Xosé María Álvarez Blázquez nace una vila pontevedresa de Tui no ano 1915.
Foi mestre en Galicia e Zamora e profesor de instituto en Vigo.
Traballou pola cultura galega, creando varias editoriais, Monterrey e Castrelos, para publicar libro en galego.
Tamén escribiu libros de poesía, contos e outros nos que contaba cousas da historia de Galicia.
Un dos seus libros de poemas máis importantes leva por título “Canle segredo”, adicado á súa Muller María Luísa.
Outras publicacións importantes son "A pega rabilonga" e "Roseira do teu mencer", dedicado á súa filla Colorín, pero tamén escribiu moitos artigos periodísticos, programas radiofónicos, obras de teatro… mesmo chegou a traballar na radio inglesa, contando cousas de Galicia e dos Galegos.
Polo seu labor en defensa da lingua e a cultura galegas, ao longo da súa vida, a Real Academia Galega adícalle o Día das Letas.

Atoparedes máis información en:http://sapiens.ya.com/nbdorrio/recursos/letrasgalegas/homenaxe.htm
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)