Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca b>. Amosar todas as publicacións
10/02/20
17/06/11
LECTURA, XOGOS E DIVERSIÓN
Aproveitando os días de bo tempo, as nenas e os nenos de 4º B cambiaron as aulas do cole polo maravilloso entorno de Cabodeiro. Levaron algúns dos libros da súa "biblioteca de aula" para gozar da experiencia da lectura escoitando de fondo o son do mar e o ruxir dos pinos. A lectura deu paso aos xogos, e como vedes parece que o pasaron xenial. Unha merendola servíu para repoñer forzas antes de regresar ao cole para seguir coas súas tarefas, eso sí, co ánimo renovado. Un día estupendo!
15/06/11
VISITA DA ESCOLA INFANTIL DA ILLA DE AROUSA
Hoxe viñeron a visitarnos os nenos e nenas de tres anos da "Escola Infantil da Illa de Arousa". Tiveron ocasión de coñecer as instalacións do cole e algunhas aulas de Educación Infantil, onde escoitaron un conto e cantaron cancións. Trouxeron un agasallo para adornar a aula de moitos deles o vindeiro curso, a de tres anos. Logo visitaron a biblioteca e alí disfrutaron coa morea de libros que atoparon e coa pizarra dixital. Pero o que máis lles gustou foi o pavillón de deporte, onde a profe Susa tíñalles preparado un circuito e xogos divertidos. Ao rematar todos dixeron que o pasaran ben e que lles gustara moito o "cole dos maiores". Ata pronto!!!
29/04/11
MÁIS CONTOS NO PATIO
Como estaba previsto, onte viñeron os personaxes do conto de "Brancaneves" para ler no patio con todo o alumnado. A expectación era moi grande, e as nais non defraudaron, porque a lectura foi todo un éxito. E non é de extrañar, porque Sandra, Charo, Asun, Geli e Pili o fixeron de conto, coa axuda, claro está, dos sete ananiños de Educación Infantil.
Grazas a todas por participar e vir a ler ó cole!!!
A "Semana do Libro" rematou, e pronto poderedes atopar na biblioteca do cole a recopilación dos contos que quedaron no buzón de Libria estes días. Se aínda non o rematáchedes bulide, porque o buzón recollerase o luns.
27/04/11
SEMANA DO LIBRO E DOS CONTOS
Este curso adicámoslle a "Semana do Libro" ós contos. Moitas actividades estes días xiran en torno a eles. Fixemos unha exposición no corredor da entrada, hai contos viaxando polas aulas e tamén escribimos e lemos moitos contos. Onte no recreo levamos unha sorpresa cando tres nais, Pili, Geli e Tuca, encarnáronse nos personaxes do conto "El León y el ratón", e o leron para todos.
A lectura maravillou a pequenos e maiores, que non esquezerán o conto que os propios personaxes lles contaron ese día no patio. A fantasía, a imaxinación e os libros seguirán estes días no cole da man doutras nais, e de máis contos. Estade atentos porque é posible que mañá veñan os personaxes de "Brancaneves".
14/04/11
HISTORIA DUN CHÍCHARO
![]() |
| Agardando para entrar na sala |
Hoxe desprazámonos ata o instituto "Francisco Asorey" de Cambados para ver a representación da compañía de teatro "Caracol" titulada "Historia dun chícharo". A obra é unha adaptación do conto da "princesa e o chícharo", na que unha raíña moi resabida argallou unha proba para saber se a dama que casaría co seu fillo era unha princesa de sangue real. Colocou un chícharo debaixo de vinte colchóns para comprobalo. O certo e que todos disfrutamos coa representación e as cancións, que foron sensacionais. A historia resultou moi divertida, non faltaron as sorpresas e o pasamos xenial!!!
![]() |
| Un instante da representación |
16/03/11
TODOS PODEMOS

Este é o título do proxecto co que a biblioteca da Illa achegou aos nenos e nenas do noso cole a realidade do autismo. Primeiro tiveron ocasión de asistir a unha charla no cole, que ofreceron os profesores do Centro de Educación Especial BATA Os Mecos. E onte, sete nenos e nenas do colexio foron á biblioteca municipal da Illa de Arousa, e cada un levaba un conto para ler. Outros seis nenos do centro de BATA trouxeron tamén os seus contos, adaptados con pictogramas, para compartir con todos. A actividade resultou moi enriquecedora para todos os participantes.

14/03/11
SEMANA DA PRENSA 2011
O xoves 10 e venres 11 de marzo tivemos a "Semana da prensa na escola" e visitaron o noso colexio 3 xornalistas: Serxio González (La Voz de Galicia), Fito ( Faro de Vigo) e Suso Piñeiro (Diario de Arousa). Durante a súa visita tiveron ocasión de achegarse un intre a algunha das aulas, ter un encontro en "usos múltiples" co alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria, e tamén facer unha entrevista en "Radio Carcamán". O alumnado tivo ocasión de coñecer de man dos xornalistas moitos aspectos da profesión, e algúns consellos para escribir mellor. A biblioteca acolleu estes días máis prensa e revistas das que ten habitualmente. Nela tamén traballamos coas edicións dixitais dos xornais. Para escoitar o programa de Radio Carcamán e ver máis imaxes da visita mirade o seguinte video:02/03/11
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
O xoves 10 e o venres 11 de marzo será a "Semana da prensa na Escola". Virán ao cole tres xornalistas. Do "Faro de Vigo", do "Diario de Arousa" e de "La Voz de Galicia". Eles axudaránnos a entender un pouco máis o mundo do xornalismo e faremos un programa especial en "Radio Carcamán" o xoves 10 ás 13:30. Estade atentos!!25/01/11
EL ELEFANTE ENCADENADO
Por qué un animal tan forte coma o elefante do circo permite que o manteñan atado a unha minúscula estaca? Esta é a pregunta que un neno quere resolver neste conto. É o único libro que Jorge Bucay escribiu para os nenos, e para os nenos "que habitan nas persoas maiores". Toda unha lección de sabeduría para lembrarnos que non temos que deixar de intentar acadar o que algunha vez non fomos quen de lograr. Se vos gusta neste video, podedes atopar o libro entre as novidades da biblioteca.
17/12/10
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O alumnado de Educación Infantil recibiu hoxe a visita duns contacontos moi especiais: Laura, Aldara, Begoña e Yanira. Estas catro nenas do centro prepararon na biblioteca municipal da Illa de Arousa unha fabulosa sesión de contos coa axuda da bibliotecaria.A sesión resultou un éxito e todos quedamos abraiados co ben que o fixeron. O sonoro aplauso ao rematar deixou claro canto gustou. A fantasía, a imaxinación, os libros e a diversión voltaron encher a biblioteca do Torre Illa!!
21/06/10
A MASCOTA DA BIBLIOTECA
30/04/10
DIA DO LIBRO

A semana pasada conmemoramos o Día do Libro con varias actividades . Algúns nenos e nenas cambiaron de aula durante uns minutiños para ler algunha cousa noutra aula e a biblioteca volveu a acoller lecturas durante os recreos. Nesta ocasión de nenos e nenas, e non de mestres coma o ano pasado.
Tivemos a actuación dun contacontos, "Marionetto". E tamén fixemos unha exposición na entrada do cole cos marcapáxinas que elaboramos estes días.
Tivemos a actuación dun contacontos, "Marionetto". E tamén fixemos unha exposición na entrada do cole cos marcapáxinas que elaboramos estes días. 
03/03/10
19/10/09
OS LIBROS VOLVEN A VIAXAR
Os libros volven a viaxar este curso. As mochilas e as carpetas viaxeiras están desexando chegar as vosas casas. Levan dentro novas aventuras, imaxinación, fantasía e moita diversión. Salen xa da biblioteca con moitas ganas de chegar as vosas casas. Esperamos que disfrutedes moito e... ¡Boa viaxe!
Aquí tendes algunhas recomendacións e debuxos que viñeron nas carpetas viaxeiras do curso pasado.
11/03/09
SEMANA DA PRENSA NO TORRE-ILLA
Esta semana estamos a conmemorar a 21ª semana da prensa na escola. Nestes días, os xornais e as revistas forman parte do traballo dentro das aulas, e nos recreos pódese visitar a biblioteca e ler os xornais e as revistas que forman parte dunha exposición na que se renovan todolos días os xornais. Tamén se poden consultar as edicións dixitais de moitos xornais en Inter
net (prensa local, deportiva, autonómica, nacional e internacional).Pinchade no seguinte enlace para ver o especial "prensa na escola" da "Voz de Galicia":
15/12/08
OS LIBROS MAIS SOLIDARIOS DO ANO
Coma en anos anteriores, todo o alumnado do colexio colaborou coa fundación "Amigos de Galicia" traendo algún xoguete ou roupa para os nenos que non teñen tanta sorte coma eles. A cambio deste agasallo, a biblioteca do concello da Illa repartiu a cada neno un libro. Ao acto acudiron representantes de "Amigos de Galicia", o concelleiro de cultura, Juan Otero; a encargada da biblioteca municipal, Ángela Otero e a Delegada de cultura María Xesús López.
Durante o acto tamén se recolleron os libros que doaron para o colexio o concello de Vilagarcía e a librería "Castelao" da Illa de Arousa.
Durante o acto tamén se recolleron os libros que doaron para o colexio o concello de Vilagarcía e a librería "Castelao" da Illa de Arousa.
Se queredes podedes consultar a noticia que saliu publicada na Voz de Galicia facendo click sobre o seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/12/0003_7387995.htm
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/12/0003_7387995.htm
11/10/08
FRAY PERICO Y SU BORRICO

Isto eran vinte Frailes franciscáns que vivían nun antigo convento cerca de Salamanca. Tiñan a cabeza afeitada, a barba moi branca e un hábito con remendos. Camiñaban en fila polos corredores do convento, todos os Frailes facían o mesmo, si un tropezaba, os outros tropezaban, si un se caía os outros tamén, si un rezaba os outros tamén rezaban, si un facía os deberes os outros tamén o facían. E non vos contamos máis...
Animadevos a lelo. Os alumnos de 4ºA aseguramosvos moitos minutos de diversión coa súa lectura
08/10/08
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
Xa está a funcionar o sevicio de préstamo da biblioteca do cole. Os luns, mércores, xoves e venres, coincidindo cos días das actividades extraescolares, entre as 17 e as 18 horas poderedes visitar a biblioteca e coller un libro para disfrutar na casa.
Estas son algunhas das novidades que poderás atopar
Kika Superbruja y la ciudad sumergida.
28 Historias para rir. Ursula Wölfel
O fillo do rei desaparecido. Xoán Babarro
A pousada encantada. Anxo Fariña.
24/04/08
EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS
Xuntamos ó redor duns 50 libros, algún de comezo do século pasado, unha verdadeira reliquia!!
Tamén atopamos na nosa biblioteca libros anteriores ó ano 1970, que tamén foron expostos.
Grazas a todos pola vosa colaboración!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






