O pasado día 12 do 12 do 2012 cumpriuse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. E por iso nas aulas recitáronse estes días algúns dos seus poemas: "Deitado frente ao mar", "Longa noite de pedra" ou "Inverno" foron algúns deles . Aquí tendes un fragmento de "Inverno":
Chove, chove nacasa do probe
e no meu corazón tamén chove
Dor da mau encallecida
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños...
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
14/12/12
14/05/11
LETRAS GALEGAS 2011
A festa do Día das Letras Galegas encheu o patio do Torre Illa. En toda festa que sexa merecedora de levar tal nome ten que haber xogos. Os rapaces puideron desfogarse correndo dun lado a outro, participando en divertimentos herdados dos tempos dos seus avós, ou mesmo poñendo a discurrir o seu maxín para conseguir xogar unha partida de bolos no patio do colexio.
Pero ollo, que aínda houbo máis Letras Galegas nas "Lecturas embolsadas". Todo o patio quedou decorado polas bolsas de papel que a biblioteca municipal da Illa trouxo, e ás que o alumnado engadiu poesías, verbas e debuxos a prol do galego e do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Lois Pereiro. Arredor da súa figura estiveron a traballar estes días todos no cole, visitando a exposición de carteis nos corredores do centro e traballando cos mestres e mestras nas aulas.
![]() |
Podedes ver a notia de "La Voz de Galicia" no seguinte enlace:http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/05/14/0003_201105A14C16991.htm
19/05/10
LETRAS GALEGAS 2010
Este ano festexamos o Día das Letras Galegas coñecendo un pouco máis a vida e obra do homenaxeado, Uxío Novoneyra. E non faltaron os xogos tradicionais, un concurso ortográfico e as "Lecturas embotelladas", que fixemos coa colaboración da Biblioteca Municipal da Illa de Arousa. As botellas, moi ben decoradas, gardaban no seu interior contos, poesías, palabras ou debuxos. UNHAS OBRAS DE ARTE!!!
23/05/08
Palabras en galego
Podedes buscar as palabras que descoñezades do galego se ides ao seguinte enlace.http://www.digalego.com/
16/05/08
O TENDAL DAS PALABRAS
Hoxe a clase de 3A foron colgar as súas palabras no tendal do patio. Todo o colexio elexiron as palabras mais fermosas do galego. Na nosa clase eleximos golfiño, arco da vella, bolboreta, dozura,... pero tamén poidemos ler outras moitas palabras. Aquí estamos Lourdes, Paula e Javier coas nosas camisetas. Despois pásamolo moi ben no patio xogando a algúns xogos populares. A nosa clase xogou a ra cos outros terceiros.
07/05/08
Xosé María Alvárez Blázquez
Se pinchades aquí poderedes atopar máis información de Xosé María Alvarez Blázquez
http://17demaio.org/.
Un saúdo a mestres e rapaces, e anímovos a que poñades as vosas opinións.
http://17demaio.org/.
Un saúdo a mestres e rapaces, e anímovos a que poñades as vosas opinións.
06/05/08
Poesía de Xosé María Álvarez Blazquez
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







