Páxinas

25/06/09

XUBILACIÓN DO DIRECTOR

Este ano o final de curso estivo marcado pola despedida do noso director. Alfonso Salgado foi director durante boa parte dos case trinta anos que pasou no Torre-Illa. A emotiva despedida do alumnado e a A.N.P.A durante a festa de fin de curso, e a homenaxe que un centenar de compañeiros lle brindaron estes días demostra o afecto e o cariño do que Alfonso se fixo merecedor ao longo deste tempo. De seguro que o vindeiro curso o botaremos en falta.
Ata sempre e Gracias Alfonso!

24/06/09

FIN DE CURSO 2008-2009

As actividades do centro multiplicáronse neste final de curso, e moitas delas leváronse a cabo gracias á colaboración e iniciativa dos membros da A.N.P.A, tan participativos e traballadores coma sempre. A última foi a festa de fin de curso.Os xogos e os talleres de globoflexia e maquillaxe deron paso a unha rica merenda de chourizos asados, tortilla e refrescos que pequenos e maiores disfrutamos.Tamén se viviron momentos moi emotivos na entrega do agasallo que a A.N.P.A. lle tiña preparado ao director pola súa xubilación.Este ano tamén se levou a cabo a actividade de Educación Vial, e gustou moito, xa que os maiores do cole cambiaron as bicis polos "karts" para poñer en práctica o aprendido na teoría.
As representacións e os bailes de fin de curso foron todo un éxito. As obras de teatro dos nenos e nenas de Educación Infantil e 4º de Primaria gustaron moito e os maiores do cole animaron o festival con bailes e cancións que prepararon con moito esmero.

13/06/09

ENTREVISTA AO DIRECTOR DO TORRE-ILLA EN "LA VOZ DE GALICIA"

O sábado 13 de xuño, o diario "La voz de Galicia" publica unha ampla entrevista con Alfonso na sección de "Arousanos en su rincón". Nela bota a vista atrás para lembrar os seus comezos no mundo do ensino e reflexiona sobre algúns aspectos relacionados coa situación educativa actual. Tamén ten palabras de agarimo para a Illa de Arousa, na que traballou case 30 anos, 18 deles como director. Para ver a entrevista completa pinchade no seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/06/13/0003_7781685.htm