O 31 de outubro festexamos o samaín. Os celtas celebraban co Samaín o
paso do ano e era costume
deixar o lume aceso nesta noite e nunca limpar a lareira
para non afastar as ánimas. Afírmase que polo samaín era costume
baleirar cabazas de gran tamaño para pórlles dentro candeas. Os días 29, 30 e 31 de outubro
podedes traer a vosa cabaza de Samaín para expoñela nos corredores do centro.
Lembrade identificalas co voso nome e o voso curso. O último día da exposición
e o 31 de outubro. Ese día haberá que recollela antes de marchar. As cabazas
que non se recollan ese día irán ó lixo, xa que o centro permanecerá pechado
ata o 5 de novembro e as cabazas estragaríanse igualmente.
26/10/12
24/10/12
CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA
Este curso o noso centro participa no Plan de Consumo de Froitas na Escola. Esta actividade está subvencionada con fondos da Unión Europea e consiste na entrega de froita a todo o alumnado do centro durante duas semanas do curso no horario do recreo. Esta é a primeira semana, coa seguinte froita: Luns mazá tipo "golden", martes pera, mércores plátano, xoves mazá vermella e venres mandarina. Esta actividade ten como finalidade acadar uns hábitos saudables de alimentación na poboación infantil, reducindo a obesidade e as enfermidades asociadas. Para saber máis podedes consultar o seguinte enlace do Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente
19/10/12
A VISITA DUN CAMPIÓN MUNDIAL
Esta semana veu polo colexio o ex alumno Ramón Ferro, recente campión mundial de piragüismo na clase C 2. Primeiro visitou as aulas dos maiores e atendeu ás súas preguntas. Logo, nun pequeno acto celebrado durante o recreo, recibíu unha forte ovación por parte de todo o alumnado e recolleu un agasallo. O ten ben merecido, xa que compaxinar o seu traballo co deporte e lograr ser o mellor do mundo é admirable. Noraboa campión!
07/10/12
O ZOO MUSICAL
A escola de música da Illa de Arousa presentou no cole o seu zoo particular. Os animais, que eran os instrumentos dos profes da escola, foron soando individualmente para rematar tocando todos xuntos fermosas melodías e cancións moi coñecidas por todos. Así presentaron ó león (a guitarra), á cebra (o teclado), o canguro (o saxofón)... Con todos eles aprendimos moitas cousas e pasamolo ben. Bravo maestros!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)