Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

08/02/13

ENTROIDO

 O entroido chegou con moito colorido e diversión ó Torre Illa. Coma outros anos, ás 11:15 saímos a desfilar polas ruas da Arousa.

Este ano o desfile fixo tres paradas: O Cantiño, Concello e Praza do Regueiro.
Nas paradas todo o alumnado cantou  e bailou as cancións ensaiadas co profe Carlos e os titores.
E de volta no colexio, co cansos e esfameados que estabamos, as filloas, orellas, rosquillas e flores que prepararon as nais e pais sentáronnos de maravilla. 
Que ricas estaban!!!

04/03/11

ENTROIDO 2011

Hoxe festexamos o Entroido no cole e polas rúas da Illa de Arousa. O tradicional desfile polas rúas rematou na praza do Regueiro, onde todos os cursos cantaron e bailaron a súa canción. Os ananiños do conto de Brancaneves de Educación Ifantil, os magos de 1º, os pintores e pintoras de 2º, as Lady Gaga e acompañantes de 3º, os cociñeiros e cociñeiras de 4º, os mimos de 5º e os zombis de 6º encheron de cor e alegría a xornada, e fixeron pasar un bo rato a todos os que se achegaron a velos no Regueiro. Tamén houbo algunhas indias, doncelas, diablesas e nenos de San Ildefonso, que hai quen non quere deixar marchar a boa sorte. Pasámolo en grande!

12/02/10

ENTROIDO

Un ano máis festexamos o entroido con ilusión. Paiasos, piratas, mariñeiros, fichas de dominó, bailongos da movida dos 80, persoaxes da película "Greease", peregrinos, médicos, bruxas e ata leóns e sevillanas encheron de cor e música co seu desfile a rúas da Illa de Arousa. A Praza do Regueiro volveu a acoller as actuacións, coa letra e a coreografía que mestres e alumnos viñeron preparando estes días. E xa de volta, e para recuperar folgos, degustamos as orellas, filloas e rosquillas que as nais e pais prepararon para todos.Unha festa fabulosa!!!