Páxinas

21/11/08

POLO MONTE ABAIXO...


No contro dos "Tres xigantes" aparecía esta canción que as nenas e nenos de 1ºA aprendimos. Aí vai:

Polo monte abaixo

polo monte arriba

coas patiñas cansas

vai unha formiga

cun saquiño ao lombo

de fariña triga,

cun saquiño ao lombo

de fariña triga.

Eloy, Cristina, Andrea, Diana, Miguel Cores, Javier, Laura e Isabel.

18/11/08

EXPOSICIÓN DE PEÓNS

Xa temos as fotos da exposición de peóns, así que podedes consultar o álbum.



Desde aquí aproveitamos para agradecer a colaboración de:

1ºA (Aldara, Javier, María, Sergio, Laura, José e Carla)

1ºB (Mauro, Roberto, Mónica e Gemma)

2ºA (Zaira, Brais e David L.)

2ºB (Pablo R., Santi, Alba, Alex, Paula, Ahinara, Andrés, Sandra e Adriana )

3ºA (Noa I., Yanira, Noelia, Juan A., Laura e Jennifer)

3ºB (Adriana)

4ºA (Laura B.)

5ºA (Alba)

6ºB (Ana Pena)



Moitas grazas a todos por permitirnos ver os vosos diseños de peóns e xa sabedes que contamos con vós outra vez o vindeiro ano.



E non esquezades o dito:

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

E POR SANTA EULALIA PEÓNS Á BORRALLA.

ou:

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

E POR SAN AMARO PEÓNS AO FAIADO.

17/11/08

DON RAIMUNDO


Don Raimundo Arreola

tenn dous cans e duas cadelas.

Os seus cans son Pirri e Roa.

As suas cadeliñas Reme e Rita.

Eva,Alba G.,David,María,Aldara, Miguel D, Cibrán,Adrián,Sergio,Jose,Bea, 1ºA

14/11/08

SESIÓN DE TÍTERES

O vindeiro xoves 20 de novembro, o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º,3º e 4º de Primaria terán a oportunidade de asistir á representación de "Os xigantes de nunca acabar".
Esta obra de títeres está a ter moito éxito, e seguro que fará as delicias dos nenos e nenas.
Esperamos que o pasedes todos moi ben! Que vivan os contos, a imaxinación e a ilusión!

11/11/08

NOVO PATIO DE INFANTIL


Os nenos e as nenas de Educación Infantil andan estes días moi contentos; Xa puideron estrear o patio novo, xogar e brincar nos columpios. Ainda falta por rematar a outra metade, na que teñen que quitar a gravilla, pero confían en poder disfrutar de todo o patio en breve. Caerse aquí non debe doer tanto coma antes, xa que o chan é de caucho brandiño. ¿A que está moi ben?

06/11/08




SAMAIN


Grazas a todos polas vosas cabazas!!


Foi complicado escoller, pero consideramos que as mellores foron as realizadas por:


INFANTIL, 3 ANOS: RUBEN


INFANTIL, 4-5 ANOS: ANA


1ºA: DIANA


1ºB: ELSA


2ºA: TAIS


2ºB: AHINARA


3ºA: YANIRA


3ºB: SABELA


4ºA: LAURA


4ºB: MIGUEL O.


4ºC: ANA


5ºA: KATIA


5ºB: SARA M.


6ºA: LARA


6ºB: LARA Y ANA

01/11/08

Xogos populares

Antes de que vexamos os gañadores do concurso das cabazas, anticípovos que xa dentro de poco é o Magosto, e como tódolos anos participaredes nos Xogos populares. Se entrades aquí podedes ver algunhas ideas para os xogos http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/c3_xogo/