Páxinas

29/06/11

FESTA FIN DE CURSO 2010-2011

Chegamos ó remate do curso, e logo de todo o ano de traballo e dos exames, todos tiñamos ganas de festa. Sabíano ben na ANPA, xa que organizaron unha merenda para todos, con refrescos e bocatas de chourizos asados e tortilla. Tamén trouxeron ó paiaso Popín, co que disfrutamos pequenos e maiores. Bromas, trucos de maxia e música encheron o patio de alegría e bo humor.
Tampouco faltaron as emocións na despedida ó alumnado de sexto, que marcha para o instituto. Todos recolleron orgullosos os seus diplomas e despedíronse con agarimo do colexio e dos mestres.


 Outros que marchan, aínda que non moi lonxe, son os nenos e nenas de 5 anos. Deixan  Educación Infantil e pasan ó "cole dos maiores". Eles tamén recolleron os seus diplomas moi contentos.
Boas vacacións e ata pronto!!!!!

27/06/11

FESTIVAIS E EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO

Achegándose ó remate do curso aumentaron as actividades no cole: festivais, exhibicións de pintura, kenpo e ximnasia ritmica foron algunhas das actividades que tivemos neses días previos ás vacacións.
 Os festivais foron todo un éxito. Cantamos, bailamos e tocamos cancións cos instrumentos musicais. Tamén houbo trucos de maxia gracias ós magos e  magas de primeiro. Logo chegaron as despedidas do alumnado de sexto, que marcha para o instituto o ano que ven. O certo e que foron moi simpáticas e emotivas. Botarémolos de menos o vindeiro curso.
As exhibicións de ximnasia rítmica, baloncesto, kenpo e pintura deron conta do esforzo de todo un curso de traballo.  Todos quedamos pasmados coas manualidades e debuxos de pintura, coas destrezas que amosaron os nenos e nenas de kenpo, e divertímonos  vendo as competicións que organizaron en baloncesto.

Tamén demostraron o seu talento as nenas de ximnasia rítmica, coas súas espectaculares actuacións. Sempre quedamos abraiados e emocionados coa intensidade coa que viven este deporte e a precisión coa que realizan cada exercicio.



23/06/11

GRANXA O KIRIKO

As nenas e nenos de 1ºe 2º marchamos de excursión o 6 de xuño rumbo a granxa o Kiriko.
Alí participamos no obradoiro da elaboración da la.
O primeiro que tivemos que facer foi coñecer os diferentes tipos de ovellas.
Elas non se deixaban coller e tivemos que andar tras delas.
Corre que te corre. Monte arriba e...
monte abaixo.
Despois participamos no proceso de lavado da la. Foi un pouco desagradable porque a lá das ovellas estaba un pouco porca e cheiraba.

Frotamos co xabón "El lagarto" unha e outra vez e conseguimos que quedara así de branca
Xa a tiñamos lista para os seguintes pasos que se desenrolaron no interior da granxa cos monitores.
Pero tamén tivemos tempo para moitas cousas máis:
Vimos as vacas!!
O cabalo que veu do Exército a descansar á granxa.
Tamén un cabalo de carga.


O burro
e moitos animais máis: porcos, pavos, galiñas, kikos...
Pero tamén tivemos tempo para comer porque despois de un día tan longo tiñamos moiiita fame. Aquí  estamos no comedor todos sentadiños e comendo as nosas tortillas, filetes empanados, ensaladillas e bocatas.
Deixáronnos tamén un tempiño libre, merecíamolo!!!



 Pasámolo moi ben!!!
Ata a do vinderio ano!!

A ILLA DAS DORNAS


O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de vivir a experiencia da navegación nunha das embarcacións tradicionais da Escola de Navegación da  A.C.D. Dorna. As embarcacións foron unha lancha xeiteira e unha buceta, e os patróns fixeron tamén de mestres por un día ensinando moitas cousas ós nenos e ás nenas. Non só de navegación, tamén de como era a vida dos mariñeiros que traballaban nestas embarcacións. Todos o pasaron moi ben, e ata lles deixaron levar a cana do timón. Xa vedes que ben a manexan!

21/06/11

DESPEDIDA EN INFANTIL

 Os nenos e nenas de 5 anos rematan en Educación Infantil. Moitas cousas cambiarán o vindeiro curso. Marchan con moita ilusión, porque xa son "maiores", pero seguro que botarán de menos ás súas mestras e ós seus compañeiros. Eles tamén os botarán en falta, sobre todo á hora do patio e outras actividades. Por iso animáronse facendo esta fabulosa festa de despedida para os nenos e nenas que van para o primeiro curso de Educación Primaria. E non hai festa que se preze sen unha boa merenda. Así que puxéronse a cociñar canapés e tarta. Mirade que boa pinta ten todo. Estaba boísimo!

17/06/11

LECTURA, XOGOS E DIVERSIÓN



Aproveitando os días de bo tempo, as nenas e os nenos de 4º B cambiaron as aulas do cole polo maravilloso entorno de Cabodeiro. Levaron algúns dos libros da súa "biblioteca de aula" para gozar da experiencia da lectura escoitando de fondo o son do mar e o ruxir dos pinos. A lectura deu paso aos xogos, e como vedes parece que o pasaron xenial. Unha merendola servíu para repoñer forzas antes de regresar ao cole para seguir coas súas tarefas, eso sí, co ánimo renovado. Un día estupendo!

15/06/11

VISITA DA ESCOLA INFANTIL DA ILLA DE AROUSA

Hoxe viñeron a visitarnos os nenos e nenas de tres anos da "Escola Infantil da Illa de Arousa". Tiveron ocasión de coñecer as instalacións do cole e algunhas aulas de Educación Infantil, onde escoitaron un conto e cantaron cancións. Trouxeron un agasallo para adornar a aula de moitos deles o vindeiro curso, a de tres anos. Logo visitaron a biblioteca e alí disfrutaron coa morea de libros que atoparon e coa pizarra dixital. Pero o que máis lles gustou foi o pavillón de deporte, onde a profe Susa tíñalles preparado un circuito e xogos divertidos. Ao rematar todos dixeron que o pasaran ben e que lles gustara moito o "cole dos maiores". Ata pronto!!!