![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjMjeF82acK6B9Je-0LvxmIi39lzqEaX7z9RwE4kk_HJMZ0yJAzVf_6eL8avyQsZ83NwXuYIWQqxLTzOS3uT8Hud76su7kGX4NoaIDmxFi0ppvU0uSa2BQ_3gv0hX28gp9t81JhFJpQFMA/s200/12022010696.jpg)
Un ano máis festexamos o entroido con ilusión. Paiasos, piratas, mariñeiros, fichas de dominó, bailongos da movida dos 80, persoaxes da película "Greease", peregrinos, médicos, bruxas e ata leóns e sevillanas encheron de cor e música co seu desfile a rúas da Illa de Arousa. A Praza do Regueiro volveu a acoller as actuacións, coa letra e a coreografía que mestres e alumnos viñeron preparando estes días. E xa de volta, e para recuperar folgos, degustamos as orellas, filloas e rosquillas que as nais e pais prepararon para todos.
Unha festa fabulosa!!!