Páxinas

29/09/19

COA AUGA AO PESCOZO

O cambio climático, ou emerxencia como xa se denomina, pode traer consigo importantes consecuencias na provincia. Conscientes diso, o CEIP Torre Illa sumouse aos actos do Día Mundial polo Clima.
Alumnado e profesorado do centro de ensino simularon unha inundación como a que podería sufrir o municipio no futuro como consecuencia da subida do nivel do mar se non se actúa de inmediato.
'Coa auga ao pescozo' foi o lema escollido para a recreación, nun patio do colexio que pretendía converterse nun enorme mar que asolaga todo ao seu paso e que mesmo chegaría a provocar que tamén a nosa illa, tal e como a coñecemos, desapareza, se non poñemos fin á destrución paulatina do planeta; Polo que queremos e debemos concienciar da urxencia de mudar os hábitos contaminantes por medios de vida e consumo sustentables.