Chegamos ó remate do curso, e logo de todo o ano de traballo e dos exames, todos tiñamos ganas de festa. Sabíano ben na ANPA, xa que organizaron unha merenda para todos, con refrescos e bocatas de chourizos asados e tortilla. Tamén trouxeron ó paiaso Popín, co que disfrutamos pequenos e maiores. Bromas, trucos de maxia e música encheron o patio de alegría e bo humor.
Tampouco faltaron as emocións na despedida ó alumnado de sexto, que marcha para o instituto. Todos recolleron orgullosos os seus diplomas e despedíronse con agarimo do colexio e dos mestres.
Outros que marchan, aínda que non moi lonxe, son os nenos e nenas de 5 anos. Deixan Educación Infantil e pasan ó "cole dos maiores". Eles tamén recolleron os seus diplomas moi contentos.
Boas vacacións e ata pronto!!!!!