Páxinas

30/04/10

DIA DO LIBRO


A semana pasada conmemoramos o Día do Libro con varias actividades . Algúns nenos e nenas cambiaron de aula durante uns minutiños para ler algunha cousa noutra aula e a biblioteca volveu a acoller lecturas durante os recreos. Nesta ocasión de nenos e nenas, e non de mestres coma o ano pasado. Tivemos a actuación dun contacontos, "Marionetto". E tamén fixemos unha exposición na entrada do cole cos marcapáxinas que elaboramos estes días.

16/04/10

DENTRO DO BOSQUE

O pasado mércores, no IES Francisco Asorey de Cambados, a compañía de teatro Caracol representou para o alumnado e profesorado do noso centro a obra "Dentro do bosque". Trataba dun panadeiro e a súa muller, que non podían ter fillos por que estaban enfeitizados por unha bruxa. Para desfacer o feitizo tiveron que reunir unha serie de elementos que atoparon nun bosque, no que coñeceron persoaxes dos contos clásicos como Carapuchiña Vermella, a Cincenta ou Rapuncel.
Todo un éxito!!!