
O alumnado de Educación Infantil recibiu hoxe a visita duns contacontos moi especiais:
Laura,
Aldara,
Begoña e
Yanira. Estas catro nenas do centro prepararon na biblioteca municipal da Illa de Arousa unha fabulosa sesión de contos coa axuda da bibliotecaria.
A sesión resultou un éxito e todos quedamos abraiados co ben que o fixeron. O sonoro aplauso ao rematar deixou claro canto gustou. A fantasía, a imaxinación, os libros e a diversión voltaron encher a biblioteca do Torre Illa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario