22/12/08
¡BO NADAL E FELICES FESTAS!
15/12/08
OS LIBROS MAIS SOLIDARIOS DO ANO
Durante o acto tamén se recolleron os libros que doaron para o colexio o concello de Vilagarcía e a librería "Castelao" da Illa de Arousa.
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/12/0003_7387995.htm
12/12/08
EXPOSICION DE FOTOS ANTIGAS
Hai fotos que amosan como era o colexio fai moitos anos, como eran os nosos pais cando viñas á escola, a vida na Illa antes da ponte, etc.
Xunto a elas atoparedes un conxunto de ditos, cantigas, refráns de sempre.
Agardamos que vos guste.
09/12/08
EXPOSICIÓN FROITOS DO OUTONO
- Froitos secos: abelás, noces, amendoas, castañas, landras...
- Froitos carnosos: mazás, peras, kaki, parsimón, milgrans, kiwi, mandarina, marmelos,...
Así coma tamén outros produtos que se dan nesta época do ano, como os COGOMELOS, CABAZAS E CHAYOTE, este último coñecido por unha minoría. Dado que non o coñecemos, procedemos a investigación do seu nome porque había discrepancias, dándolles nomes diversas tales como xuxo, pataca do Brasil... Fomos a Internet onde poidemos ver que a denominaba como:
- chayote
- Patata del Brasil trepadora
- Papa del aire
- Papa del moro
E di que procede de centroamérica.
A curiosidade movíanos a moitos e unha nai que estaba receptiva ao tema, viu no programa de Tele5 (Bricomanía)que falaban deste producto referíndose a el como CHAYOTE.
Podemos dicir das súas características:
- que ten un sabor parecido ao da pataca
- na pel ten coma uns pinchos, uns teñen a pel dunha cor verde e outros amarela.
- dentro ten unha pepita grande
- a planta que a da é trepadora e a súa folla parecida as das cabazas
Aquí na Illa hai varias casas onde a cultivan.
Esta Exposición rematou cunha degustación destes froitos. Un día probamos os froitos carnosos e outro os secos, hai que dicir que houbo nen@s reacios a probar algún. Isto sírvenos como punto de partida para comezar os ALMORZOS CONTROLADOS no cole, onde cada día teñen que traer un tipo de alimento entre eles o xoves tocanos FROITA. Esperamos que esta actividade previa de degustación nos axude a que se animen a seguir probando algúns sabores novos e fomentemos o gusto pola froita.