

O xoves 10 e venres 11 de marzo tivemos a
"Semana da prensa na escola" e visitaron o noso colexio 3 xornalistas:
Serxio González (La Voz de Galicia),
Fito ( Faro de Vigo) e
Suso Piñeiro (Diario de Arousa). Durante a súa visita tiveron ocasión de achegarse un intre a algunha das aulas, ter un encontro en "usos múltiples" co alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria, e tamén facer unha entrevista en
"Radio Carcamán". O alumnado tivo ocasión de coñecer de man dos xornalistas moitos aspectos da profesión, e algúns consellos para escribir mellor. A
biblioteca acolleu estes días máis prensa e revistas das que ten habitualmente. Nela tamén traballamos coas edicións dixitais dos xornais. Para escoitar o programa de Radio Carcamán e ver máis imaxes da visita mirade o seguinte video: