Páxinas

13/06/09

ENTREVISTA AO DIRECTOR DO TORRE-ILLA EN "LA VOZ DE GALICIA"

O sábado 13 de xuño, o diario "La voz de Galicia" publica unha ampla entrevista con Alfonso na sección de "Arousanos en su rincón". Nela bota a vista atrás para lembrar os seus comezos no mundo do ensino e reflexiona sobre algúns aspectos relacionados coa situación educativa actual. Tamén ten palabras de agarimo para a Illa de Arousa, na que traballou case 30 anos, 18 deles como director. Para ver a entrevista completa pinchade no seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/06/13/0003_7781685.htm

28/05/09

VISITAMOS O MUSEO DA CONSERVA DA ILLA

Esta semana todo o alumnado do centro visitou o museo da conserva. Foi unha visita moi especial e nos axudou a coñecer mellor a vinculación do noso pobo coa industria conserveira. Descubrimos que aló polo 1879, Juan Goday Gual instalou a primeira fábrica de conservas moderna de toda Galicia, aplicando un novedoso sistema de conservación dos alimentos que se descubriu en Francia. Tivemos oportunidade de ver como cambiaron as artes de pesca, como era a cadea de producción naquela época, ver algunha das máquinas que bombeaban aceite ou sellaban as latas, as chimeneas orixinais e tamén de coñecer mellor toda a industria conserveira galega, da que se pode decir que é pioneira a Illa de Arousa. A fábrica foi tan novedosa que nunha visita que lle fixo o rei Alfonso XII no ano 1881 quedou moi impresionado pola modernidade das instalacións e a calidade dos alimentos, e ao ano seguinte a nombrou "proveedor de la Casa Real".

Se queredes saber mais cousas visitade estas direccións:
http://www.isladearosa.com/museo_da_conserva.es.htm
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2136

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O luns 25 de maio visitaronnos, como cada ano, os contacontos da editorial "Kalandraka". Este ano os contacontos chamábanse Ana e Luis. A luis xa o coñecíamos de outros cursos. Contáronnos catro contos: 1º)"Cerca", 2º)"Garvanciño, 3º) "Amelia quere un can" e 4º) "Paxariña de papel".
Ana foi a que nos contaba os contos e Luis axudáballe con instrumentos, facendo os efectos sonoros. Algúns eran moi peculiares como por exemplo un "pao de choiva" e un "asubío" que imitaba o canto dos paxaros. Outros acompañamentos os fixo co acordeón, e como Ana estaba un pouquiño mal da gorxa tamén lle axudou a contar e cantar. Tamén nos ensinaron unha canción da "Paxariña de papel".

27/05/09

A BRUXA DO OESTE

Coma en anos anteriores, no cole organizamos a saída ata o "I.E.S. Asorey" de Cambados para ver a representación do "TEATRO CARACOL". Este ano representaron a obra "A bruxa do Oeste". Coma sempre, disfrutamos moito coas cancións e coa posta en escea tan espectacular deste fabuloso grupo de teatro. Se queredes ver como foron os ensaios e as probas de vestiario e escoitar unha das cancións da obra pinchade neste enlace:

26/05/09

AUDITORIO DE VILAGARCÍA

O día 1 de abril os alumnos de educación infantil fomos o Auditorio de Vilagarcía para disfrutar dunha actividade que levaba por título "ESCENAS MUSICAIS".
Fixéronnos unha presentación dos instrumentos, onde aprendemos a diferencialos non so visualmente, senón tamén polo seu sonido, combinando a posta en escea coa música.
Regaláronnos un libriño a cada un onde aparecían os instrumentos que coñecemos e que recordamos con eles. Ao chegar ao cole fixemos unha maqueta dunha orquesta.
Música maestro!!!!!

05/05/09

A VISITA DE ANXO FARIÑA

Hoxe estivo no cole o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Trouxo toda a maxia dos debuxos no seu rotulador e mostrounos como podiamos transformar a realidade gracias ao poder da imaxinación.

Durante a visita retratou a Brais (de 2º A) coma un dragón e a Andrea (de 1º A)coma se fora unha serea.
Contounos moitas cousas dos seus libros ( Os megatoxos, a pousada encantada...) e o pasamos moi ben.

24/03/09

OS BOLECHAS VISITAN A ILLA DE AROUSA

Os nenos e nenas de 2º tiveron a sorte de poder asistir á presentación de "Os Bolechas no Con da Illa de Arousa".Escrito por Pepe Carreiro e publicado pola editorial A Nosa Terra, o libro conta a visita que realizan os seis integrantes da saga familiar de Os Bolechas (Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e o seu inseparable can Chispa) ao municipio, centrándose, especialmente, na Ruta dos Cons, pero tamén achegándose a outros monumentos como o faro de Punta Cabalo, O Santo, o Centro de Interpretación da Conserva ou o Muíño das Mareas. Contan neste viaxe coa colaboración da nena Carla e por un escultor, que exercen de guías no descubrimento que vai facendo a familia Bolechas dos segredos que agocha o municipio. Pepe Carreiro estivo na presentación e firmou múltiples exemplares. Como recordo trouxeron varios exemplares que estarán na biblioteca do cole e tamén uns debuxos asinados e adicados polo autor.

ENTREGA DE PREMIOS SOLIDARIOS

Hai uns días que se enteregaron os premios aos gañadores do concurso de redaccións e debuxos acerca do que significa ser solidario ou solidaria. A biblioteca municipal da illa acolleu aos 15 estudantes do C.E.I.P "Torre-Illa" que resultaron premiados polos seus traballos. Durante eses días tamén se levaron a cabo as xornadas de ciencia programadas pola Consellería de Educación e o Concello da Illa.
Reportaxe publicada no Faro de Vigo.

19/03/09

A VISITA DE XAN AO COLE

Este Martes, coincidindo co Día Mundial do Mar, visitounos Xan (a mascota da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos). Animounos a que o peixe forme parte da nosa dieta para que sexa máis saudable e repartiu moitos agasallos. E lembrade:
"¡Se queres estar forte e san come peixe como Xan!"
Se queredes ler máis sobre esta visita consultade a páxina web da "Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos" pinchando na seguinte dirección:

11/03/09

SEMANA DA PRENSA NO TORRE-ILLA

Esta semana estamos a conmemorar a 21ª semana da prensa na escola. Nestes días, os xornais e as revistas forman parte do traballo dentro das aulas, e nos recreos pódese visitar a biblioteca e ler os xornais e as revistas que forman parte dunha exposición na que se renovan todolos días os xornais. Tamén se poden consultar as edicións dixitais de moitos xornais en Internet (prensa local, deportiva, autonómica, nacional e internacional).
Pinchade no seguinte enlace para ver o especial "prensa na escola" da "Voz de Galicia":

A RECETA MAIS GOLOSA DE INFANTIL

Hai pouco vos contamos como daban os primeiros pasos na cociña o alumnado de Educación Infantil. Agora nos queren dar unha das recetas que fixeron ese día para que tamén podamos facer nos as deliciosas "TORTITAS AMERICANAS".
Pero a cousa non ía ser tan fácil e, coma todos os bos cociñeiros, os nosos nenos e nenas gardan con moito segredo os ingredientes das suas recetas. Se queredes saber a receta, primeiro tendes que resolver o encrucillado que nos propoñen.




  • Primeiro hai que adiviñar os INGREDIENTES:

1. FAI LEVEDAR (1 sobre).

2. É DE ORIXE ANIMAL;DAO AS VACAS, CABRAS E OVELLAS (Medio litro).

3. É DE ORIXE VEXETAL E É DE COR BRANCA (300 gramos).

4. É DE ORIXE ANIMAL E OS POÑEN AS AVES (2).

5. É DE ORIXE VEXETAL, FAISE DA NATA DA LEITE (25 gramos).

6. É DE ORIXE VEXETAL, O SEU SABOR É DOCE E É BRANCA (2 culleradas )

7. É DE ORIXE VEXETAL E EMPLEASE COMO AROMÁTICO NOS DOCES. TAMÉN HAI XEADOS DESE SABOR (Un pouco).

  • Pois si xa sabedes todos os ingredientes, agora fixádevos na PREPARACIÓN

Mezclamos todo coa batidora e vertemos un chorro sobre unha sartén ou plancha quente (como coas filloas pero sin untar a plancha). Despois podemos comelas con azucre, nata, sirope de chocolate, caramelo, etc...
Están boíííííísimas!!!!

04/03/09

APRENDENDO A COCIÑAR E A COMER BEN


Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron esta semana a visita dun cociñeiro de prestixio para ensinarlles como se deben comportar na mesa, a diferenciar e apreciar os aromas e os sabores das comidas e das bebidas e a facer galletas, tortitas, batidos e pan. O Técnico Especialista de Hostelería, e cociñeiro do Parador de Cambados, Antonio Bono, chegou ao cole ben cedo cargado cos seus utensilios de cociña (un forno profesional, unha plancha eléctrica, vaixela, espátulas, xerras, frascos...) e cos ingredientes necesarios para poñerse mans á obra. Antonio nos animou a probar sempre os alimentos e a non rexeitalos dicindo "non me gusta", xa que é fundamental aprender a comer de todo para ter unha boa alimentación e levar unha dieta saudable.
A experiencia resultou moi positiva para todos, e hai que decir que as galletas e tortiñas que fixeron os nosos pequechos estaban boísimas!

Pinchade na seguinte dirección se queredes ver a noticia da Voz de Galicia:

13/02/09

PREVENCIÓN DAS DIFICULTADES NA LINGUAXE ORAL


O Departamento de Orientación do C.E.I.P. "Torre-Illa" ofrece unha charla a todolos pais e nais que estén interesados sobre a PREVENCIÓN DAS DIFICULTADES NA LINGUAXE ORAL INFANTIL. Terá lugar o martes 17 de febreiro na sala de usos múltiples do colexio ás 16 horas. Esta actividade está especialmente adicada a pais e nais con fillos e fillas en idades comprendidas entre os 0 e os 5 anos.

09/02/09

UNHA ESCOLA MAIS ECOLÓXICA

PRINCIPIOS DA COMPOSTAXE
Os principios da compostaxe son: non contaminar, protexer o medio ambiente e a natureza.
Na compostaxe recíclase todo o que se pode: cascas de banana e outras frutas...
É conveniente telo embaixo dunha árbore de folla caduca.
Tarda seis meses a se facer. Tamén se pode botar aos cinco, máis mellor é aos seis. Pódese pasar por unha rede para deitar nun vaso.
Antía Otero Pérez. 6ºB

A COMPOSTAXE E A RECICLAXE
Cando compostamos, o 50% da materia orgánica deitámola outra vez na terra e adubamos. Se non fose así, a materia esa sería queimada e contaminaría moitísimo.

Ángel Iglesias Paz. 6ºB

OS COMPOSTADORES DA ESCOLA
Na escola aproveitamos as cascas da fruta e nos recreos continuamos un proceso. Un día pedímoslle composteiros ao concello e todos os meses traenos toxo.
Para comenzar, han de seguir estes pasos:
- Procuramos un lugar onde non chova moito.
- Enches unha camada de toxo de 10 ou 15 cm na base.
- Ha de ter unha trampa para que non entren as ratazanas e os ratos.
- Vertes unha capa de materia orgánica por duas de toxo.
- Ao día seguinte repites o proceso.
- Darlle voltas 3 veces á semana para airear e evitar malos cheiros.

Ana Otero Romero. 6ºB

19/01/09

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CHEGA AO COLE


O venres 16 de xaneiro os profesores da escola municipal de música da Illa ofreceron un concerto didáctico a todo o alumnado do centro. O certo e que gustou moito, e seguro que algún se animará a participar logo de ver as posibilidades que ofrecen os distintos instrumentos musicais que puideron escoitar.

22/12/08

¡BO NADAL E FELICES FESTAS!

(pinchade na imaxe para vela máis grande)
Xa rematou este primeiro trimestre do curso, e o fixo cargado de actividades de nadal. Primeiro coa decoración das aulas e do cole, logo as actuacións do festival de nadal e por último a visita das suas Maxestades de Oriente, os Reis Magos. Estas actividades fixeron disfrutar tanto aos pequenos coma aos maiores do cole.
¡BOAS FESTAS E FELIZ 2009 A TODOS!

15/12/08

OS LIBROS MAIS SOLIDARIOS DO ANO


Coma en anos anteriores, todo o alumnado do colexio colaborou coa fundación "Amigos de Galicia" traendo algún xoguete ou roupa para os nenos que non teñen tanta sorte coma eles. A cambio deste agasallo, a biblioteca do concello da Illa repartiu a cada neno un libro. Ao acto acudiron representantes de "Amigos de Galicia", o concelleiro de cultura, Juan Otero; a encargada da biblioteca municipal, Ángela Otero e a Delegada de cultura María Xesús López.
Durante o acto tamén se recolleron os libros que doaron para o colexio o concello de Vilagarcía e a librería "Castelao" da Illa de Arousa.
Se queredes podedes consultar a noticia que saliu publicada na Voz de Galicia facendo click sobre o seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/12/0003_7387995.htm

12/12/08

EXPOSICION DE FOTOS ANTIGAS

Dende hai uns días podedes ver polos corredores da escola unha pequena exposición de fotos antigas da Illa.
Hai fotos que amosan como era o colexio fai moitos anos, como eran os nosos pais cando viñas á escola, a vida na Illa antes da ponte, etc.
Xunto a elas atoparedes un conxunto de ditos, cantigas, refráns de sempre.
Agardamos que vos guste.

09/12/08

EXPOSICIÓN FROITOS DO OUTONO


Os alumn@s de Educación Infantil deste cole fixemos unha exposición de froitos do outono:



  • Froitos secos: abelás, noces, amendoas, castañas, landras...

  • Froitos carnosos: mazás, peras, kaki, parsimón, milgrans, kiwi, mandarina, marmelos,...

Así coma tamén outros produtos que se dan nesta época do ano, como os COGOMELOS, CABAZAS E CHAYOTE, este último coñecido por unha minoría. Dado que non o coñecemos, procedemos a investigación do seu nome porque había discrepancias, dándolles nomes diversas tales como xuxo, pataca do Brasil... Fomos a Internet onde poidemos ver que a denominaba como:



  • chayote

  • Patata del Brasil trepadora

  • Papa del aire

  • Papa del moro

E di que procede de centroamérica.


A curiosidade movíanos a moitos e unha nai que estaba receptiva ao tema, viu no programa de Tele5 (Bricomanía)que falaban deste producto referíndose a el como CHAYOTE.


Podemos dicir das súas características:



  • que ten un sabor parecido ao da pataca

  • na pel ten coma uns pinchos, uns teñen a pel dunha cor verde e outros amarela.

  • dentro ten unha pepita grande

  • a planta que a da é trepadora e a súa folla parecida as das cabazas

Aquí na Illa hai varias casas onde a cultivan.


Esta Exposición rematou cunha degustación destes froitos. Un día probamos os froitos carnosos e outro os secos, hai que dicir que houbo nen@s reacios a probar algún. Isto sírvenos como punto de partida para comezar os ALMORZOS CONTROLADOS no cole, onde cada día teñen que traer un tipo de alimento entre eles o xoves tocanos FROITA. Esperamos que esta actividade previa de degustación nos axude a que se animen a seguir probando algúns sabores novos e fomentemos o gusto pola froita.


05/12/08

OS XIGANTES DE NUNCA ACABAR


Disfrutamos todos moito con esta representación inspirada na obra de Xoan Babarro "Os xigantes de nunca acabar". Disfrutamos e cantamos con eles, e algúns ata formaron parte da obra e subiron ao escenario para actuar de alcaldesa, policía e secretario.

¡Todo un éxito!