
O 31 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Os murais e as poesías que fixeron estes días as alumnas e alumnos decoran os nosos corredores para que lembremos a importancia deste valor, fundamental na convivencia.


Preme na seguinte dirección para ver a noticia da TVG: http://www.agalega.info/videos/?emi=9285&corte=2010-01-05&hora=20:11:25&canle=tvg1
Xa chegou o nadal e no cole o vivimos con moita ilusión. Actividades coma a decoración das aulas e corredores, o mural "O nadal no Torre-Illa", a representación do festival e a visita dos Reis Magos vivironse con moita ilusión polo alumnado e os mestres. BO NADAL E FELICES FESTAS! 
O alumnado de 6ºA foron os primeiros en visitar a mostra sobre a fauna de Galicia que se atopa no Auditorio do concello da Illa de Arousa.


Este ano o final de curso estivo marcado pola despedida do noso director. Alfonso Salgado foi director durante boa parte dos case trinta anos que pasou no Torre-Illa. A emotiva despedida do alumnado e a A.N.P.A durante a festa de fin de curso, e a homenaxe que un centenar de compañeiros lle brindaron estes días demostra o afecto e o cariño do que Alfonso se fixo merecedor ao longo deste tempo. De seguro que o vindeiro curso o botaremos en falta.
As representacións e os bailes de fin de curso foron todo un éxito. As obras de teatro dos nenos e nenas de Educación Infantil e 4º de Primaria gustaron moito e os maiores do cole animaron o festival con bailes e cancións que prepararon con moito esmero.
O sábado 13 de xuño, o diario "La voz de Galicia" publica unha ampla entrevista con Alfonso na sección de "Arousanos en su rincón". Nela bota a vista atrás para lembrar os seus comezos no mundo do ensino e reflexiona sobre algúns aspectos relacionados coa situación educativa actual. Tamén ten palabras de agarimo para a Illa de Arousa, na que traballou case 30 anos, 18 deles como director. Para ver a entrevista completa pinchade no seguinte enlace:
Esta semana todo o alumnado do centro visitou o museo da conserva. Foi unha visita moi especial e nos axudou a coñecer mellor a vinculación do noso pobo coa industria conserveira. Descubrimos que aló polo 1879, Juan Goday Gual instalou a primeira fábrica de conservas moderna de toda Galicia, aplicando un novedoso sistema de conservación dos alimentos que se descubriu en Francia. Tivemos oportunidade de ver como cambiaron as artes de pesca, como era a cadea de producción naquela época, ver algunha das máq
Coma en anos anteriores, no cole organizamos a saída ata o "I.E.S. Asorey" de Cambados para ver a representación do "TEATRO CARACOL". Este ano representaron a obra "A bruxa do Oeste". Coma sempre, disfrutamos moito coas cancións e coa posta en escea tan espectacular deste fabuloso grupo de teatro. Se queredes ver como foron os ensaios e as probas de vestiario e escoitar unha das cancións da obra pinchade neste enlace: