O entroido chegou con moito colorido e diversión ó Torre Illa. Coma outros anos, ás 11:15 saímos a desfilar polas ruas da Arousa.
Este ano o desfile fixo tres paradas: O Cantiño, Concello e Praza do Regueiro.
Nas paradas todo o alumnado cantou e bailou as cancións ensaiadas co profe Carlos e os titores.
E de volta no colexio, co cansos e esfameados que estabamos, as filloas, orellas, rosquillas e flores que prepararon as nais e pais sentáronnos de maravilla.
Que ricas estaban!!!
08/02/13
04/02/13
TAPÓNS PARA CÉSAR
O exalumno do colexio César precisa un andador. Para axudarlle a mercalo o centro está facendo estes días unha campaña de recollida de tapóns de plástico. Lembrade gardar e traer todos os tapóns de plástico que poidades.
Entre todos podemos axudarlle!
01/02/13
ROI CASAL EN RADIO CARCAMÁN
Esta é a entrevista que os nenos e nenas de 6º curso de Educación Primaria fixeronlle a Roi Casal en Radio Carcamán durante a sua visita ó centro o pasado mes de novembro.
30/01/13
A PAZ É O CAMIÑO
"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"; "Se queres ter paz comeza xa". Estes son algunhas das frases que o alumnado do colexio plasmou nos murais que conmemoran hoxe o "Día da Paz", e que elaboraron coa profe Laura e cos seus titores para decorar os corredores do colexio.
En Educación Infantil fixeron unha morea de pombas da paz, e tamén colgantes moi coloridos co símbolo da paz. Mirade que ledos e orgullosos están cos seus traballos.
Nas aulas de primeiro curso traballaron arreo para rematar as pombas. O certo e que quedaron moi bonitas, e xa penduran do teito no seu corredor.
Os nenos e nenas do segundo ciclo de Educación Primaria cantaron para todo o cole a canción "Que canten os nenos".
28/01/13
UXÍA SENLLE
Os nenos e nenas do cole están de sorte. Despois da visita de Roi Casal o concello trouxonos a Uxía Senlle, que pasou polo cole para compartir con todo o alumnado algunhas cancións do seu último disco, e tamén outras moi coñecidas.
E por si fora pouco, Uxía deixou dous agasallos para a biblioteca do colexio. O libro "María Fumaça" e outro libro con Poemas inéditos de Manuel María. Os dou libros teñen un CD con cancións de Uxía.
22/12/12
BO NADAL!
O nadal chegou ó cole cargado de maxia, ilusión e moitas sorpresas.

Os Reis Magos viñeron escoitar panxoliñas, recolleron as cartas e deixaron algúns doces.
As representacións e as actuación do festival estiveron marcadas este ano pola catástrofe do Prestige, xa que este ano cúmprese o décimo aniversario da traxedia. A crise económica tamén se deixou notar no portal de Belén.
O chocolate con churros que prepararon os pais e as nais estaba boísimo. Mirade como dan boa conta del os máis pequenos.
Bo Nadal!
14/12/12
RECITANDO CELSO EMILIO
O pasado día 12 do 12 do 2012 cumpriuse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. E por iso nas aulas recitáronse estes días algúns dos seus poemas: "Deitado frente ao mar", "Longa noite de pedra" ou "Inverno" foron algúns deles . Aquí tendes un fragmento de "Inverno":
Chove, chove nacasa do probe
e no meu corazón tamén chove
Dor da mau encallecida
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños...
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Chove, chove nacasa do probe
e no meu corazón tamén chove
Dor da mau encallecida
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños...
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
30/11/12
TARTA DE CASTAÑA
Xa que estamos na época das castañas, os cociñeiros de
Infantil seguimos practicando a repostería. Agora tocou TARTA DE CASTAÑAS. Ademais de aprender moitas cousas relacionadas cos
distintos ingredientes, por exemplo como se chama a árbore que da as castañas, como
é a folla, de que orixen son os distintos ingredientes, etc… Traballamos a lectoescritura, escribindo e lendo os ingredientes nos envases, na pizarra e no
papel, pesamos, sumamos, restamos coas cantidades, E QUÉ CANTIDADES! 600, 3OO, son uns números moi
grandes!
Dun xeito lúdico e
de forma manipulativa aprendemos e
pasámolo pipa .
- Migamos as
galletas mezclámolas coa margarina e fixemos a base no molde.
- a mestra
coceu as castañas e quitámoslle a tona máis delgadiña
- engadimos todos
os ingredientes; lendo a lista máis os envases e contando, sumando e pesando.
- a
profe misturou todo coa batidora
-
botámola no molde sobre a base de galleta
-despois de cocela,
este é o resultado, VOILA!
A que nos quedou
moi bonita?, bueno porque a decoramos
con castañas e crema de castañas, servíndonos dunha "manga" pastelera.
Estaba moi
rica, nos comemos un cachiño e como nos gusta compartir levámoslles un
anaquiño ás nosas familias.
Se queredes facela, tendes que buscar os ingredientes
nesta sopa de letras, nos xa a fixemos, é moi fácil.
QUE
VOS APROVEITE LARPEIROS!
26/11/12
ROI CASAL NO COLE
Esta semana tivemos unha visita moi especial. O concello trouxo a Roi Casal e Silvia Ferre, que viñeron cargados con todo o necesario para tocar e cantar algunhas pezas moi fermosas, unha delas con versos de Rosalía de Castro. Tamén aprendimos algunhas características dos instrumentos que tocou, e contounos curiosidades. Agora sabemos que a semellanza entre o arco e a arpa non é casual, e nela pode estar a orixe deste instrumento. Foi un pequeno concerto de moito proveito, e a música e a voz de Roi e Silvia engaiolaron a todos. Mirade que atentos están os pequechos!
20/11/12
XELATINA DE UVA
Ós nenos e nenas de Educación Infantil gústalles aprender experimentando coa repostería. Hoxe tocou Xelatina de uva. Primeiro sacamos as uvas do racimo. Mirade que concentrados están Jorge e Alexandre.
A continuación botamos man da licuadora e fixemos o zume. Que algarabía!
Mentres esperabamos a que cuaxara a xelatina recortamos unha fermosa blonda para a presentalas nas bandexas.
Houbo que darlle forma á xelatina cuns moldes especiais e este foi o resultado.Quedaron moi bonitas, pero a próxima vez botaremoslle máis azucre, xa que quedaron un pouco insípidas. Aínda que a Borja parece que lle prestou. Un bo traballo!
16/11/12
MAGOSTO
O magosto chegou cargado de castañas, bocadillos de chourizos asados e moita diversión. Aquí tendes ós nenos e nenas de Educación Infantil visitando ós cociñeiros e aproveitando as brasas para pintar a cara.
Tamén houbo tempo para degustar as castañas. Ás veces non é doado pelalas, pero o esforzo pagou a pena porque estaban moi saborosas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















