Páxinas

27/10/08

SAMAIN



Convidámosvos a celebrar con nós a festa do Samaín. Poderedes traer cabazas decoradas durante toda esta semana ó colexio.


As cabazas estarán expostas no corredor ó carón da aula de inglés.


11/10/08

ORTOGRAFÍA

Tedes problemas a hora de escribir? Os vosos profes sempre vos din que non tedes que cometer tantas faltas. Este problema vaise acabar. Entra no seguinte enlace http://www.ejerciciosortografia.com/html/menu.htm. Xa veredes que facil é escribir ben. E un consello, non vos esquezades de ler...

PRACTICA AS TUAS MATERIAS

Practica as túas materias en galego. Fai clic no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/primaria.htm e non te quedes atrás.

FRAY PERICO Y SU BORRICO



Isto eran vinte Frailes franciscáns que vivían nun antigo convento cerca de Salamanca. Tiñan a cabeza afeitada, a barba moi branca e un hábito con remendos. Camiñaban en fila polos corredores do convento, todos os Frailes facían o mesmo, si un tropezaba, os outros tropezaban, si un se caía os outros tamén, si un rezaba os outros tamén rezaban, si un facía os deberes os outros tamén o facían. E non vos contamos máis...


Animadevos a lelo. Os alumnos de 4ºA aseguramosvos moitos minutos de diversión coa súa lectura

O OUTONO


Chegou o outono e os alumnos de 4º A quixeron darlle a benvida facendo este mural. Esperamos que vos guste.

08/10/08

NOVIDADES NA BIBLIOTECA


Xa está a funcionar o sevicio de préstamo da biblioteca do cole. Os luns, mércores, xoves e venres, coincidindo cos días das actividades extraescolares, entre as 17 e as 18 horas poderedes visitar a biblioteca e coller un libro para disfrutar na casa.
Estas son algunhas das novidades que poderás atopar

Kika Superbruja y la ciudad sumergida.

28 Historias para rir. Ursula Wölfel

O fillo do rei desaparecido. Xoán Babarro


A pousada encantada. Anxo Fariña.

30/09/08

BENVIDOS

Benvidos ao curso 2008-2009 do ceip Torre Illa. Espero que este ano entredes moito no noso blog e participedes cos vosos comentarios. Iremos poñendo ao longo do curso todas as novas, traballos e actividades que vaian xurdindo.

27/06/08

¡Rematou o curso!


Logo de todo un curso de traballo e sacrificios, chegaron as merecidas vacacións de verán. Os nenos e as nenas de 2º A vos deixan este retrato disfrazados de Caiapós do Amazonas, baixando coas súas canoas polo río. Buscade a ver si atopades a todos os que levan lanza.

Pincha co rato na imaxe para vela máis grande.

¡Boas vacacións e ata pronto!



23/05/08

COMUNIÓN

Parabens a todos os nenos e nenas que esta fin de semana facedes a comunión. Este domingo a maioría dos alumnos e alumnas de terceiro do ceip Torre Illa terán esta celebración. Hoxe xa estaban moi nerviosos e tamén moi ledos por este acontecemento. Os seus profesores Lola, Elena, Ángel e Ana esperan que sexa un día moi especial para todos vos. Unha aperta.

Palabras en galego

Podedes buscar as palabras que descoñezades do galego se ides ao seguinte enlace.http://www.digalego.com/

20/05/08

TRABALLA AS TÚAS MATERIAS

Se queres unha forma divertida de aprender coñecemento, as matemáticas, as linguas,.... preme neste enlace e asegurovos que o faredes.

http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/primaria.htm

Xogos

Ola, nenos e nenas do Ceip Torre Illa, se pulsades nesta dirección poderedes acceder a algúns xogos educativos e de paso practicar a nosa lingua. Un saúdo!!http://www.edu.xunta.es/xogos/

16/05/08

O TENDAL DAS PALABRAS


Hoxe a clase de 3A foron colgar as súas palabras no tendal do patio. Todo o colexio elexiron as palabras mais fermosas do galego. Na nosa clase eleximos golfiño, arco da vella, bolboreta, dozura,... pero tamén poidemos ler outras moitas palabras. Aquí estamos Lourdes, Paula e Javier coas nosas camisetas. Despois pásamolo moi ben no patio xogando a algúns xogos populares. A nosa clase xogou a ra cos outros terceiros.

07/05/08

Xosé María Alvárez Blázquez

Se pinchades aquí poderedes atopar máis información de Xosé María Alvarez Blázquez
http://17demaio.org/.

Un saúdo a mestres e rapaces, e anímovos a que poñades as vosas opinións.

06/05/08

Poesía de Xosé María Álvarez Blazquez


Polo laranxal
tres avelaíñas andan a voar.

Unha, dúas, tres,
de présa que voan vense e non se ven.

Polo laranxal
tres avelaíñas andan a achuchar.

Unha, dúas, tres
de tanto que chuchan, borrachas de mel.

¡Caídas no chan,
tres avelaíñas polo laranxal!

Letras Galegas 2008. Xosé Álvarez Blázquez


O escritor Xosé María Álvarez Blázquez nace una vila pontevedresa de Tui no ano 1915.
Foi mestre en Galicia e Zamora e profesor de instituto en Vigo.
Traballou pola cultura galega, creando varias editoriais, Monterrey e Castrelos, para publicar libro en galego.

Tamén escribiu libros de poesía, contos e outros nos que contaba cousas da historia de Galicia.
Un dos seus libros de poemas máis importantes leva por título “Canle segredo”, adicado á súa Muller María Luísa.
Outras publicacións importantes son "A pega rabilonga" e "Roseira do teu mencer", dedicado á súa filla Colorín, pero tamén escribiu moitos artigos periodísticos, programas radiofónicos, obras de teatro… mesmo chegou a traballar na radio inglesa, contando cousas de Galicia e dos Galegos.
Polo seu labor en defensa da lingua e a cultura galegas, ao longo da súa vida, a Real Academia Galega adícalle o Día das Letas.

24/04/08

EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS

No colexio estamos a celebrar unha exposición de libros antigos que fixemos grazas a colaboración dos nenos e nenas, que moi amablemente trouxeron das súas casas os libros.

Xuntamos ó redor duns 50 libros, algún de comezo do século pasado, unha verdadeira reliquia!!


Tamén atopamos na nosa biblioteca libros anteriores ó ano 1970, que tamén foron expostos.


Grazas a todos pola vosa colaboración!!!

22/04/08

TEATRO CARACOL


Hoxe pola tarde fumos ao teatro caracol, como vimos facendo dende hai anos. Vimos a obra titulada PIM, PAM, PUM todo un alegato contra a guerra. Gustariame que puxerades a vosa opinión sobre a obra. Un saúdo