ceip Torre Illa
Plan Proxecta Curso 21/22
11/06/22
ALIMÉNTATE BEN ED. INFANTIL
ALIMÉNTATE BEN 1º ED. PRIMARIA
Alí coñecemos moitos animais do mar interesantes para anosa alimentación,
así como as diferentes artes de pesca utilizadas, así que decidimos investigar
de diferentes maneiras. Primeiro recopilando ANÉCDOTAS DE PESCA que lle
ocorreron á nosa xente cercana que viñeron acompañadas de fotos e debuxos
e, desta maneira, a través das historias e as imaxes ir adentrándonos máis
neste tema. Así saíron traballos tan impresionantes como estes!!
Aínda que xa eramos moi expertos, decidimos seguir investigando con
LIBROS da nosa biblioteca. Os que máis nos axudaron e gustaron foron
“Xelo, o carteiro xurelo” e “Carola, a carteira centola”.
Neles aparecen un montón de animais do mar, como os protagonistas!! Sás
e deliciosos!! Pero por se fose pouco…decidimos invitar ao ilustrador dos
contos!! Foi estupendo!! Así introducímonos na arte tamén a través do mundo
mariño e a alimentación!!
distintas PROFESIÓNS DO MAR e, de paso, coñecelas un pouco máis!
Foron moitas actividades que sería complicado resumir aquí: saídas para
coñecer o sector do mar, elaboración de menús saudables que incluísen
conservas, estudo da etiquetaxe das mesmas… tamén os obradoiros de
“Faille clic ao teu bocata” e “Ti si que es un bo peixe”. Pero, por se fose pouco,
investigando descubrimos que o MAR está en perigo pola contaminación, así
que realizamos unha saída e lemos uns contiños que nos fixeron decidir
poñernos MANS Á OBRA!!
Así que, de cara ao DÍA DO MEDIO AMBIENTE, estamos realizando unha
campaña de LIMPEZA DE PRAIAS coas nosas familias que pretende rematar
nun documental para concienciar. Porque se os animais do mar comen
plástico e lixo en xeral, ademais de poñerse maliños, logo iso pode traernos
consecuencias a nós.