Onte, 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente. E que mellor xeito para celebralo que fomentar o coidado do noso entorno coa recollida selectiva de lixo, facendo compost no noso composteiro ou plantando novas especies no noso patio. Cada curso ten encomendado o coidado de dúas das árbores do noso patio, moitas das cales foron plantadas este mesmo ano, e que veremos crecer pouco a pouco. Aquí están os de 6º B facéndolle sitio a unha das últimas especies en incorporarse á familia, un "Rododendro Fucsia". Moi fermoso verdade?
4 comentarios:
mira como traballan os da clase do profe mario........
Es preciosa :D
debemos sacar o sombreiro o profe Mario e os demais mestres por aguantar os nenos durante estes 6 anos.
jajajajajajajajaja :P
Publicar un comentario